Alicia Sobrino Fagilde, deportista federada polo GESC Montañeiros Celtas, é a gañadora do Concurso Fotográfico Furada 13  coa súa imaxe ‘Estrella de Galicia’, segundo o criterio do Xurado.

A imaxe mencionada publicarase na contraportada da Revista da FGE Furada 13, que sairá de imprenta o próximo mes de abril. O 2º e o 3º premio quedaron desertos.

Alicia recibirá como premio material deportivo de espeleoloxía por valor de 100€, cuxa entrega se realizará na próxima Asemblea Xeral da FGE.

Os membros do Xurado foron:

  1. Francisco M. Martínez García (Presidente da FGE).
  2. Jose Higinio Diz Dios (Membro da Comisión Delegada da Asemblea da FGE).
  3. Francisco Couto Villar (Deseñador e fotógrafo).
  4. Manuel Díaz Prieto (Vogal de Publicacións da FGE), que actuou como Secretario, sen voto.

Presentáronse ao Concurso Fotográfico Furada 13 un total de 16 fotografías de 6 autores.

¡Moitas grazas a todos por participar!