Federación
A Federación Galega de Espeleoloxía (no sucesivo FGE) é a entidade que reúne e coordina tódalas Entidades e Seccións de Espeleoloxía radicadas na Comunidade Autónoma Galega que, pola súa vez reúnen e agrupan aos seus Espeleólogos e Técnicos.
Actividades
A FGE leva a cabo, ao longo do ano, actividades para a formación, divulgación e respecto polo medio subterráneo:
- Cursos de formación en espeleoloxía e descenso de canóns
- Xornadas de conservación de cavidades
- Xornadas fotográficas
- Prácticas de rescate en cavidades
- Campamentos infantís e xuvenís
- Campamento galego de espeleoloxía
- Campamento galego de descenso de canóns
- Congresos de espeleoxgía y descenso de canóns
- Competicións deportivas
Antecedentes
As orixes da federación remóntanse ao Comité Rexional Galego de Espeleoloxía (1969), con posterioridade da lugar á Sección Galega de Espeleoloxía (1977) e finalmente constitúese en 1981 a Federación Galega de Espeleoloxía (FGE). A FGE está afiliada á Federación Española de Espeleología (FEE).
Durante todos estes anos a Federación ven a impulsar e organizar eventos e congresos de ámbito estatal e internacional:
- 1985 – IV Xornadas Nacionales de Espeleosocorro
- 1989 – I Clinic de Instructores e Monitores de Espeleoloxía
- 1992 – VI Congreso Español de Espeleoloxía
- 1996 – IV Clinic de Instructores y Monitores de Espeleoloxía
- 2006 – I Congreso Galego de Espeleoloxía