Grandes cavidades de España e do Mundo

135_C
Photo Alexandre Andrieu.

Presentámosche o Catálogo de Grandes Cavidades de España y del Mundo, elaborado por José Luis Membrado Julián, e actualizado ao 31 de decembro de 2018.

Ofrece unha relación das cavidades máis grandes que existen en España, divididas en varias categorías:

  1. As máis profundas: con máis de 300 metros de desnivel (páxs. 1-13).
  2. As máis extensas: con máis de 3.000 metros de desenvolvemento (páxs. 14-25).
  3. Sifones explorados: con máis de 50 metros de desenvolvemento (páxs. 35-36).
  4. Grandes pozos: con máis de 200 metros de desnivel (páxs. 37-39).
  5. Grandes salas (páx. 40).

E desenvoltas noutros materiais distintos ao karst:

  1. Volcánicas (páxs. 26-27).
  2. Conglomerado (páxs. 28-29).
  3. Granito (páx. 30).
  4. Xeso (páxs. 31-32).
  5. Sales (páx. 33).
  6. Gres calcáreo (páxs. 34).

En canto ás cavidades máis grandes do mundo, a división por categorías é a seguinte:

  1. As máis profundas: con máis de 1.000 metros de desnivel (páxs. 42-45).
  2. As máis extensas: con máis de 50.000 metros de desenvolvemento (páxs. 46-48).