Reserva e normas de uso

Cotas 2019

RefuxioPrazasFGEFederado CECNon FederadoLocalización
Cobas 32Gratis3€/noite6€/noiteCobas-Rubiá de Valdeorras-Ourense
42.475363 – 6.830989
Liñares 8Gratis 3€/noite6€/noiteLiñares-Pedrafita do Cebreiro-Lugo
42.698265 – 7.077584
Mondoñedo 24Gratis3€/noite6€/noiteArgomoso-Mondoñedo-Lugo
43.405523 – 7.353381
  • Teñen preferencia as actividades da FGE (1º), da Escola (2º) e os Federados (3º) en espeleología.
  • Ocupación das prazas: como máximo, 1 Non Federado por cada Federado.
  • Por favor, abona a pernóita na conta IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264.
  • Ao recoller as chaves debes acreditar a posesión da licenza de espeleología deste ano.
  • Só reservas o número de prazas a ocupar, non o refuxio: o primeiro en reservar ten dereito a marcar o horario de uso das zonas comúns.

Calquera deficiencia ou anomalía comunícaa canto antes a: refuxios@espeleoloxia.org

Requisitos para reservar praza

  • Debes estar federado con licenza deste ano para poder realizar reservas.
  • Podes reservar cunha antelación máxima de 30 días á ocupación.
  • Cando haxa Non Federados notifica a túa reserva a espeleoloxia@gmail.com.
  • Se reservaches e non podes ir, lembra anular a reserva enseguida.
  • Se es da CEC (Confederación de Espeleología e Canóns) escribe con 3 días de antelación a espeleoloxia@gmail.com.
  • Cando varios federados compartan a dirección de correo, é responsable o de maior idade.

Cómo reservar

  1. Para consultar prazas reservadas, reservar, modificar ou anular pica sobre esta icona ->
  2. Escribe o teu *email de federado (o que das ao solicitar a túa licenza) onde recibirás un IDE de sesión e unha ligazón.
  3. Pica sobre a ligazón ou anota e cobre o IDE de sesión.
  4. Diríxeche a Lista de próximas reservas (onde consultar as prazas reservadas).
  5. Pica en Facer reserva, cobre os campos e garda.
  6. A sesión dura media hora. Podes solicitar máis sesións para modificar datos ou anular o teu reserva.

A FGE pídeche que coides os refuxios, para mantelos sempre en bo estado.

Acceso á instalación

É obrigatoria a inscrición no Libro de Rexistro do refuxio:

RefuxioRecollida e entrega de chaves
CobasGasolineira de La Barosa (León) N-120 Km 435,2
Aberta 24 h.
LiñaresCasa Jaime (Liñares) Tf.- 982 367 166
Antes das 23:00 h.
MondoñedoA Taberna Do Valeco Tf.- 982 521 861
Antes das 23:00 h.

*O correo electrónico se garda encriptado na base de datos da FGE e o seu único uso é permitir a autenticación do usuario.