A Federacion Galega de Espeleoloxía convoca, para os vindeiros 15-16-22 e 23 de abril, o Curso de Iniciación 2023 (máis información clicando aquí). Nel os cursillistas aprenderán as nocións básicas de progresión e seguridade para a realización da actividade espeleolóxica.

Esta formación ten unha duración de 45 horas e será en formato semi-presencial:

  • 5 horas teóricas en formato on-line.
  • 40 horas presenciais.

A formación presencial realizarase nas instalacións da Federación Galega de Espeleoloxía sitas no Concello de Mondoñedo.

Participar neste curso é a mellor maneira de acceder a unha formación de calidade para poder disfrutar do mundo subterráneo de forma segura e eficaz.

Para inscribirte no curso debes remitir a folla de inscripción en actividades que podes conseguir clicando aquí