Transparencia1En cumprimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, a Federación Galega de Espeleoloxía expón a seguinte información:


 1. INFORMACIÓN INSTITUCIONAL, ORGANIZATIVA E DE PLANIFICACIÓN


1.1. Federación:


A Federación Galega de Espeleoloxía (no sucesivo, FGE), é unha entidade asociativa privada, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica e patrimonio propio e independente dos seus asociados e plena capacidade de obrar, cuxo ámbito de actuación estendese ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Constituíuse o 30 de Maio de 1.981 sendo a continuación do antigo Comité Rexional Galego de Espeleoloxía (1.969) e a Sección Galega de Espeleoloxía (1.977).

Na FGE  intégranse os clubs, as seccións deportivas, os deportistas, os técnicos, os xuíces, os árbitros e outros colectivos interesados estatutariamente establecidos, co obxectivo de promover, practicar e, en xeral, contribuír ao desenvolvemento da modalidade deportiva da espeleoloxía e as súas  especialidades: espeleomergullo, espeleosocorro e descenso deportivo de canóns e barrancos.

A FGE está afiliada e ostenta a representación exclusiva de Galicia perante a Federación Española de Espeleoloxía (FEE), así mesmo, en cantas actividades e competicións oficiais de carácter estatal celebradas fora e dentro da Comunidade Autónoma Galega, que están relacionadas coa Espeleoloxía.

Anagrama FGE 160-130Funcións propias:

Segundo a artigo 5 dos seus Estatutos: Correspóndelle   á  FGE,   como   actividade   propia,   o   goberno, administración,   xestión,   organización   e   regulamentación   da   Espeleoloxía   na  Comunidade Autónoma Galega. Na súa virtude é propia dela:

  • a) A convocatoria das seleccións deportivas da súa modalidade deportiva e a designación dos deportistas que as integren.
  • b) Colaborar coas administracións públicas e coa federación española correspondente, así como coas restantes entidades deportivas, na promoción das súas respectivas modalidades.
  • c) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na execución dos plans e programas dos deportistas galegos de alto nivel.
  • d) De ser o caso, e conforme a normativa que sexa aplicable, colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • e) Elaborar os seus propios regulamentos deportivos.
  • f) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na formación de adestradores, xuíces e árbitros segundo a normativa que sexa aplicable.
  • g) A ensinanza, promoción e divulgación da Espeleoloxía, así como, das súas diversas modalidades: Descenso de Canóns e Barrancos, Espeleomergullo e Espeleosocorro, dentro do seu ámbito de competencias, en coordinación coas Entidades e Seccións de Espeleoloxía, en todas as súas manifestacións, orientando a actuación dos seus espeleólogos cara unha maior comprensión e coñecemento do mundo soterrado e a adquisición dunha técnica que permita a práctica deste deporte coa máxima seguridade.
  • h) Estimular de forma técnica a práctica da Espeleoloxía con estudios e traballos relativos á mesma, e nos seus aspectos deportivos, científicos e educativos con outros deportes afíns.
  • i) Apoiar técnica e administrativamente a Espeleoloxía, en todos os aspectos e manifestacións, dentro da Comunidade Autónoma Galega e nas saídas oficiais feitas polos seus espeleólogos ó resto do territorio español.
  • k) Fomentar   e   colaborar   nas   actividades   científicas   relacionadas   coa Espeleoloxía,  tales como:   Investigacións e  exploracións xeolóxicas,  xeográficas,meteorolóxicas, fauna, flora, etcétera.
  • l) Fomentar a defensa do  patrimonio  natural,  histórico,  paleontolóxico e arqueolóxico.
  • m) Realizar as xestións oportunas perante dos organismos públicos e privados, para a protección e apoio da Espeleoloxía, así mesmo, velar polo prestixio da mesma.
  • n) Manter un vínculo de unión e colaboración cós organismos e entidades que se dediquen ó estudio e investigación do mundo soterrado e o seu entorno.
  • ñ) Organizar as actividades, designación de zonas de traballo e competicións de ámbito autonómico.
  • o) En xeral, cantas actividades atendan para a promoción e coñecemento da Espeleoloxía.
PrintFuncións delegadas:

Xunto as funcións que lle son propias polo seu ámbito de actuación privada, exercen por delegación funcións públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia).

Segundo o artigo 6 dos seus Estatutos: 1. Ademáis das previstas no artigo anterior, son funcións públicas delegadas, e exerceranse en réxime de exclusividade pola FGE, as seguintes:

  • a) Representar a Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas da súa modalidade, consonte a normativa que lle sexa aplicable.
  • b) Organizar as competicións oficiais autonómicas federadas.
  • c) Expedir licenzas deportivas para a práctica da súa modalidade deportiva nos termos establecidos nesta lei.
  • d) Asignar as subvencións e as axudas de carácter público concedidas a través da Federación e controlar que os seus asociados lles dean unha correcta aplicación.
  • e) Garantir o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de goberno, así como dos demáis dereitos e obrigas derivados do cumprimento dos seus respectivos estatutos.
  • f) Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos por esta lei e polas súas disposicións de desenvolvemento, de acordo cos seus respectivos estatutos e regulamentos.
  • g) Executar, de ser o caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.
  • h) Colaborar coas administracións públicas competentes na prevención, no control e na represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos, así como na prevención da violencia no deporte. Para estes efectos, e entre outras accións, as federacións deportivas galegas instruirán e resolverán os expedientes sancionadores que no ámbito da dopaxe se substancien, consonte o establecido no título VIII desta Lei.
  • i) Calquera outra que regulamentariamente se determine.

2. Os actos adoptados polas federacións deportivas galegas no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo son susceptibles de recurso administrativo ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

3. As funcións públicas delegadas serán exercidas polas federacións deportivas galegas baixo a tutela da Administración deportiva, que, conforme se determine regulamentariamente, procederá á súa asunción nos casos de extinción da federación ou cando esta se atope en situación concursal.
As federacións deportivas galegas exercerán as funcións públicas delegadas de forma directa, sen que poidan ser obxecto de delegación ou exercicio por ningunha substitución, sen autorización da Administración deportiva.


1.2. INFORMACIÓN ORGANIZATIVA:


A FGE terá como órganos fundamentais:

  • A) De goberno e representación
    • 1. A  Asemblea Xeral e a súa Comisión Delegada.
    • 2. O Presidente.
  • B) Complementarios
    • 1. A Xunta Directiva.
  • C) Técnicos
    • 1. Escola Galega de Espeleoloxía.
  • D) De xustiza federativa
    • 1. O Comité Xurisdicional e de Conciliación.
    • 2. O Comité de Apelación.

Así  mesmo,  poderanse formar cantas  comisións  considere  oportunas  a Xunta Directiva e aprobe a Asemblea.

PRESIDENTE: D. Gonzalo Villarmea Carreiras

  • Vicepresidente e vogal de Atlas e Conservación: D. Marcos Vaqueiro Rodríguez
  • Secretario: D. Ignacio Hornes Amenedo
  • Tesoureira: D. Susana Aguiar Vale
  • Actividades: Dna. Rosa María Varela Villasante
  • Divulgación e Publicacións: D. Xurxo Lorenzo Fouz
  • Refuxios: D. Reinaldo Costas Vázquez
  • TPV e Competición: Dna María Luisa Barros Rodríguez
  • Dirección da E.G.E.: Dna. Carolina Rodriguez Domingo

1.3. NORMATIVA APLICABLE


*Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas e Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (modificacións resaltadas en cor amarela).


2. INFORMACIÓN ECONÓMICA, ORZAMENTARIA E ESTATÍSTICA:


Ningún membro da Xunta Directiva recibe retribucións polo devandito cargo, percibindo únicamente dietas pola compensación de gastos de desprazamento derivados de actividades propias do cargo.

2.1. CONVENIOS