Remata o Curso de Iniciación á Espeleoloxía 2019
Os pasados 9,10,23 e 24 de marzo organizamos o Curso de iniciación á Espeleoloxía, dentro do programa de cursos da Escola Galega de Espeleoloxía para 2019.
Contamos coa participación de 8 cursilistas, que se desprazaron ao Refuxio de Mondoñedo para recibir a docencia e á Cova do Rei Cintolo onde se realizarón as prácticas en cavidade.
O día 10, coincidindo cos traballos de topografía en 3D da Cova do Rei Cintolo, os alumnos puideron asistir a unha demostración dos resultados obtidos, a cargo de Marco Vaqueiro presidente do C.E. A Trapa ( Cetra), de Vigo.
Durante a actividade formouse a estes espeleólogos nas diferentes materias que son fundamentais para o desenvolvemento desta práctica deportiva.
Desde la Escola Galega de Espeleoloxía queremos dar as grazas a Marcos e ao equipo de topografía polo tempo dedicado a divulgar o seu traballo e aos alumnos pola súa asistencia e interese.
Ignacio Hornes. Director do Curso.
CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA Directora: María Luisa Barros Rodríguez Teléfono: +34 616 357 171 Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES51 3070 0045 1262 2747 4324 Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía