Licenzas 2025

Xa podes tramitar a túa licenza. Cada federado pode descargala en PDF desde a web e imprimir (coa opción ‘sen axuste de páxina’), recortar e plastificar.

Desde o venres da semana en que se recibe na FGE o impreso de solicitude, poderás acceder a túa licenza federativa as veces que queiras, dende a ligazón nesta páxina.

A licenza deportiva autonómica é un dereito individual do espeleólogo que se exercita a través da pertenza aos clubs ou individualmente; é persoal e intransferible e a súa validez é dun ano natural.

Esta licenza é necesaria para poder tomar parte nas actividades oficiais da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE), integrarse na mesma e concorrer ás subvencións que outorga.

Características principais

  • A cobertura en Rescates aplícase a todas as actividades (principais e complementarias).
  • Os menores de 18 anos necesitan unha autorización paterna, que será custodiada polo club ao que pertenzan.
  • A FGE tramitará as licenzas cada xoves ás 12 DA MAÑÁ, ou ben o penúltimo día laborable, no caso de ser festivo.
  • Recoméndase ler o Protocolo de Actuación no caso de Accidente Deportivo, accesible na web da Federación.

Cotas, importes e impresos das licenzas 2024

A cota total a pagar en cada licenza resulta de sumar a que establecen anualmente as seguintes entidades:

  • Cota da Federación Galega de Espeleoloxía.
  • Seguro de Accidente Deportivo:
  • Seguro de Responsabilidade Civil

– Importes e normas de licenzas autonómicas 2024

– Impresos de solicitude para licenzas autonómicas 2024

Procedemento para a tramitación de licenzas de Clubes

A cota Autonómica anual de club é obrigatoria.

  1. Ingresar a cota autonómica, indicando o club que a realiza, na conta:
    • IBAN: ES96 3070 0028 9262 2747 4324
    • Swift: BCOEESMM070
  2. Enviar por correo electrónico o xustificante de ingreso a: espeleoloxia@gmail.com

Procedemento para a tramitación de licenzas de deportistas, técnicos ou árbitros

    1. Descargar o impreso de ‘Solicitude’ que corresponda.
    2. Cubrir o impreso de ‘Solicitude’ que corresponda.
      • Os estranxeiros poñerán o seu número de pasaporte.
      • Os menores de idade sen DNI, poñerán o do seu pai, nai ou titor legal.
      • No campo Tipo NIF, indicarase o tipo: DNI, DNI do titor (para menores de idade) ou  Pasaporte.
      • Elixir a categoría da licenza: Deportista, Técnico ou Árbitro.
      • Elixir o tipo de licenza: Club ou individual.
      • Elixir a idade da licenza: Infantil, Xuvenil ou Maior.
      • Elixir a modalidade da licenza: A, B, B1, A+, B+, B1+.
      • O impreso contabiliza de forma automática o importe da licenza elixida.
      • Todos os campos son obrigatorios.
    3. Ingresar o importe total, que figura ao final do impreso de ‘Solicitude’, na conta:
      • IBAN: ES96 3070 0028 9262 2747 4324
      • Swift: BCOEESMM070
    4. Enviar por correo electrónico o impreso de ‘Solicitude‘ cuberto e o xustificante de ingreso a: espeleoloxia@gmail.com
    5. O venres seguinte ao envío, cada federado poderá descargar a súa licenza en pdf desde a ligazón ‘Descarga a túa licenza‘.

Habilitación de la Federación Española de Espeleología

Aquellos de vuestros deportistas que estén interesados en habilitar su licencia con la FEE, deben cumplimentar el documento que os adjunto (en pdf y word), obligatoriamente. En caso de no recibir el documento debidamente cumplimentado y firmado, indicando que nos autorizan la cesión de datos a la FEE, no se tramitará la habilitación.
El coste de la habilitación es de 1€ por licencia, según establece la FEE.
Para proceder a la habilitación, os pedimos que cuando nos remitáis ficheros de licencias, nos adjuntéis una relación de los deportistas que desean habilitarla y el documento que adjuntamos cumplimentado por cada uno de ellos, así como el justificante de ingreso de la cantidad correspondiente a las habilitaciones. Se os emitirá una factura por las licencias tramitadas y otra por las habilitaciones.
La habilitación no tiene que solicitarse obligatoriamente cuando se tramite la licencia, puede ser solicitada a posteriori, ya que como nos indica la FEE se tramitarán semanalmente.
Ante cualquier duda, poneos en contacto con nosotros.

Documentos das pólizas e seguros

Teléfonos de asistencia en accidentes

  • Asistencia desde o Estranxeiro: (+34) 914 522 915 (de luns a venres de 9:00 a 18:00h.)
  • Urxencias 24 h. para España: 900 404 444.