Este pasado mes de abril a Federación Galega de Espeleoloxía firmou un convenio coa Axencia Galega de Seguridade. O presidente da FGE tivo varias reunións, tanto co Director Xeral de Emerxencias e Interior de Galicia, D. Santiago Villanueva, como co Subdirector Xeneral de Planificación e Protección Civil D. José Antonio Grandas, nas que se alcanzou un acordo para un novo convenio entre a FGE e a Axencia feito que supón a recuperación das relacións entre a Federación e o 112, unha asignatura pendente desde fai tres presidentes.

A colaboración centrarase nos seguintes apartados:

  1. Asesorar aos servicios de emerxencia, en caso de accidente ou incidente, en actividades de espeleoloxía, espeleomergullo e descenso da canóns e barrancos.
  2. Colaborar coa Dirección Xeral de Emerxencias de Galicia na formación dos rescatadores e actores que participan nun rescate en actividades de espeleoloxía, espeleomergullo e descenso da canóns e barrancos.
  3. Aportar á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acceso ao Atlas de Cavidades e Canóns co que conta a Federación Galega de Espeleoloxía e no que se atopan os datos e información de todas as cavidades e canóns coñedidos no territorio galego.

Unha boa nova que avanza na normalización das relacións coa adminstración acadada pola presidencia de Francisco Martínez (Paco).

Este convenio pódese consultar no apartado de Lei de Transparencia da web da FGE.