Curso de Iniciación na Espeleoloxía

Se queres iniciarche no noso deporte, inscríbeche canto antes no Curso de Iniciación na Espeleoloxía antes do 25 de febreiro ou de que se cubran as prazas. O imparte a Escola Galega de Espeleoloxía (E.G.E.) os días 10 e 11 de marzo en Mondoñedo e os días 24 e 25 en Cobas (Ourense).

Obxectivos

– Este curso pretende proporcionar un achegamento pleno á Espeleoloxía, ofrecendo unha visión xeral do medio no que se desenvolverá a actividade do espeleólogo: as cavidades, así como outros aspectos federativos para calquera espeleólogo.

-No apartado técnico e formativo, o alumnado coñecerá os materiais máis usados nesta modalidade e aprenderá as técnicas básicas de progresión horizontal e vertical: pasos estreitos, laminadores, trepes e destrepes, etc.

– Tamén aprenderá a moverse pola corda superando dificultades como os fraccionamentos, desviadores, péndulos, nós, pasamáns, tanto en ascenso como en descenso.

Destinatarios

Tódalas persoas maiores de 14 anos federadas en espeleoloxía no ano en curso.

Prazas ofertadas

15 prazas por rigorosa orde de inscrición.
Para a realización do curso deberán cubrirse un mínimo de 8 prazas.

Prezo

100 € e os desprazamentos e manutención, serán por conta do alumnado.

Horario

Sábados, de 09:00 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:00 h.
Domingos, de 09:00 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:00 h.

Datas de realización

  • 10 e 11 de marzo – Mondoñedo (Lugo).
  • 24 e 25 de marzo – Cobas (Ourense).

Modalidade do curso

Semipresencial, 40 horas.
35 horas presenciais, 5 horas na web.

Profesorado

Iago Rodríguez Estévez (director do curso).
Técnicos de dilatada experiencia da Escola Galega de Espeleoloxía.

Inscrición

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org.
  • Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do titor no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.
  • Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org.
  • Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata que se cubran as prazas.
  • No caso de non participar no curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso, naqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización

Refuxios da Federación Galega de Espeleoloxía: Argomoso (Mondoñedo- Lugo) e Cobas (Rubiá-Ourense).
A dirección poderá modificar o lugar de realización do curso, dependendo da climatoloxía e outros factores.

Material persoal

  • Cada participante virá provisto de todo o material necesario para a durmida(esteira, saco de durmir) así como roupa cómoda (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc. Recoméndase roupa de abrigo tamén para estar no refuxio.
  • Mono exterior ou funda de traballo, mono interior (mallas/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, PILAS (tamén de reposto), arnés de espeleoloxía con maillón, arnés de peito, dous cabos de ancoraxe con mosquetóns, puño ou basic con pedal, croll, descendedor stop con mosquetón de freo, luvas (opcional) e 2 metros de cordino de 9mm.
  • A Federación dispón de material básico individual para alugar aos deportistas que o soliciten con 15 días de antelación á realización do curso.

Diploma outorgado

Diploma de asistencia con aproveitamento ó Curso de iniciación á Espeleoloxía.
Para obter o diploma será necesario asistir o 90% do total do curso e superar o exame teórico y práctico.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.

María Luísa Barros Rodríguez

Directora da Escola Galega de Espeleoloxía, Tf: 616 357 171 – escuela@espeleoloxia.org
Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, of.15, 36209 Vigo