Díptico Monográfico Técnicas Básicas de Autosocorro

Inscríbete antes do día 14 de xullo

Obxectivos:

O obxectivo deste monográfico é adquirir os coñecementos necesarios para reaccionar ante un primeiro incidente, accidente ou bloqueo na corda, proporcionando a axuda necesaria para descender aos compañeiros,. Utilizaremos  as técnicas máis apropiadas e precisas cun mínimo esforzo e con total seguridade, para continuar con tódolos procedementos secundarios.

Destinatarios:

Deportistas e federados na rama da espeleoloxía e o descenso de canóns, maiores de 14 anos, deberán estar en posesión do Curso de Iniciación en Espeleoloxía.

Prazas ofertadas:

8 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición. Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 4 prazas.

Prezo:

50 euros. A manutención e desprazamentos serán por conta del alumnado.

Horario:

  • Sábado, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 21:00 horas.
  • Domingo, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas.

Data de realización:

29  e 30 de xullo de 2017.

Modalidade de curso:

  • Presencial, 20 horas de formación Teórico – Práctico
  • A documentación estará dispoñible ‘on line’ días previos ao inicio do curso.

Profesorado:

Ramón Vila Garrido (director do monográfico). Profesorado cualificado e titulados da Escola Galega de Espeleoloxía.

Inscrición:

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
  • Cubrir a inscrición, a declaración xurada de capacidade física,  a autorización do  titor no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude da mesma. Os documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
  • Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata cubrir as prazas.
  • No caso de non asistencia ao curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80%  do custe do curso, en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización:

Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía en Cobas (Ourense).

http://www.espeleoloxia.org/web/refugios

A dirección poderá modificar o lugar de realización do curso, dependendo da climatoloxía e outros factores.

Material persoal:

  • Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a pernocta (esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc
  • Mono exterior ou funda de traballo, Mono interior (Mallas/Camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, lembrade levar PILAS (tamén de reposto), luvas (opcional), arnés de espeleoloxía con maillón, arnés de peito, dous cabos de ancoraxe, puño ou basic con pedal, croll, descendedor stop con mosquetón de freo, 6 mosquetóns, casco con iluminación e 2 metros de cordino de 9mm.

A Federación dispón de material básico para emprestar a aqueles alumnos que o soliciten con 15 días de antelación á realización do curso.

Diploma outorgado:

  • Diploma de asistencia con aproveitamento do Monográfico.
  • Será necesario asistir ó 90% do total do curso para obter o diploma.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIONS, RECTIFICACIONS OU CANCELACIONS, SE FOSEN NECESARIAS.

María Luísa Barros Rodríguez

Directora da Escola Galega de Espeleoloxía, Tf: 616 357 171 – escuela@espeleoloxia.org
Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, of.15, 36209 Vigo

http://www.espeleoloxia.org/web/wp-content/uploads/2017/07/Monográfico-Técnicas-Autosocorro.pnghttp://www.espeleoloxia.org/web/wp-content/uploads/2017/07/Monográfico-Técnicas-Autosocorro-150x150.pngMarielCursosNoticiasDíptico Monográfico Técnicas Básicas de Autosocorro Inscríbete antes do día 14 de xullo Obxectivos: O obxectivo deste monográfico é adquirir os coñecementos necesarios para reaccionar ante un primeiro incidente, accidente ou bloqueo na corda, proporcionando a axuda necesaria para descender aos compañeiros,. Utilizaremos  as técnicas máis apropiadas e precisas cun mínimo...Federación Galega de Espeleoloxía