Actividades

(Español) Anótate ao Campamento Extraterritorial en Asturias e León antes do 11 de xuño

Sentímolo, esta entrada atópase dispoñible unicamente en Español.) For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

A Cordilleira Cantábrica pecha cos seus cumios calcáreos os altos vales de Laciana e Babia, e tras eles, xa en territorio asturiano, os parques naturais de Somiedo e de As Ubiñas-A Mesa (Asturias), amósanse en todo o seu esplendor ao tempo que agachan, nas súas profundidades, importantes sistemas soterrados que agardan a visita dos participantes no XVIII Campamento Galego Extraterritorial, actividade do calendario oficial da FGE que organiza, por delegación desta, o Espeleo Club Aradelas.

As datas elexidas para o Campamento son os días 17 e 18 de xuño, o que nos permitirá disfrutar dos días máis longos do ano, pero a recepción dos participantes xa a faremos dende o venres16 pola tarde para poder aproveitar ao máximo o fin de semana.

  • A pernocta está prevista no refuxio que a Federación Galega de Montañismo ten en Torrebarrio, un pequeno pobo ao pé de Peña Ubiña (León). O refuxio conta con 30 prazas que cubriranse por riguroso orden de inscrición.
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: 11 DE XUÑO. Cando as prazas no refuxio xa estean cubertas, avisarase aos inscritos de si deben buscar un lugar de pernocta alternativo.
  • INSCRICIÓNS EN espeleoclubaradelas@yahoo.es INDICANDO: NOME, APELIDOS, DNI, CLUB, TELÉFONO E E-MAIL.

El Espeleo Club Aradelas informa de que “estamos a la espera de que nos confirmen los permisos para las cavidades de Somiedo y los Puertos del Marabio. También estamos a la espera de que el Spelo-Club de Nord-Vaudois de Suiza nos mande información sobre la topografía e instalación de la Red de Cerveriz y Pozos de Promedio (esperemos que llegue a tiempo)”.

Covas e Simas
Somiedo: Rede de Cerverize Pozos de Promedio.
Portos do Marabio: Vegalonga, Vistulaz, Sumideiro do Fondadal
Peña Ubiña: Cova do Melluque
Laciana e Babia: Cova da Ensanchá, Cova do Misín

Tienes más información en: