Cursos

Curso de Iniciación ao Descenso de Canóns

Iniciacion cañonesObxectivos

Este curso pretende proporcionar un achegamento pleno aos canóns, ofrecendo unha visión xeral dá estrutura organizativa da Federación, así como a importancia dunha actividade segura, cívica e de respecto co medio natural
No apartado técnico, coñecerán o material e as técnicas básicas e utilizadas para a progresión; trepes, destrepes, descenso por corda, superación de dificultades e realización de nós.

Destinatarios

Público en xeral, deportistas sen formación previa e maiores de 14 anos federados en espeleoloxía no ano en curso

Prazas ofertadas

15prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición
Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 8 prazas

Prezo

80 Euros
85 Euros con material individual
A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado

Horario

Sábados, de 09:30a 14:00horas e de 15:00a 20.00horas Domingos, de 09:00a 14:00horas e de 15:00a 18.00horas

Data de realización

07 e 08 de maio de 2016 21 e 22 de maio de 2016

Modalidade de curso

Semipresencial, 35 horas presenciais, 5 horas na web

Profesorado

Sonia Díaz García (directora do curso)
Profesores titulados da Escola Galega de Espeleoloxía

Inscrición

Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do/da titor/a no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude
Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso
No caso de non asistir ao curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso, n aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito

Lugar de realización

RefuxiodaFederaciónGalegadeEspeleoloxía: Mondoñedo (Lugo)

http://www.espeleoloxia.org/web/refugios/normasde-uso/

A parte práctica do curso realizarase no rocodromo do Refuxio de Argomoso e na Escola de canóns “O Pozo” na Area recreativa de Viloalle (Mondoñedo)

A dirección poderá modificar o lugar de realización do curso, dependendo da climatoloxía e outros factores

Material persoal

Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a durmida(esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc

Para o curso:

Neopreno completo, escarpíns, calzado especifico para o descenso de canóns ou no seu defecto calzado de montaña. Casco, arnés de canóns ou de espeleoloxía con maillón, dous cabos de ancoraxe con mosquetóns, descendedor Oito ou Piraña, 4 mosquetóns HMS, luvas(opcional)

A Federación dispón de material básico individual, para solicitalo contactar coa EGE con 15 días de antelación á realización do curso

Diploma outorgado

Diploma de asistencia con aproveitamento ó Curso de iniciación aos Canóns Será necesario asistir o 90% do total do curso para obter o diploma

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS