Obxectivos

No curso de perfeccionamento os deportistas ampliarán os coñecementos acadados no nivel de iniciación, coñecerá en detalle o material de progresión e instalación, ademais de ser capaz de equipar os canóns que xa posúan instalación, progresando de forma independente e segura, tamén aprenderá as técnicas básicas de autosocorro.

Destinatarios

Participantes maiores de 14 anos, con licenza de espeleoloxía, acreditación dun Curso de Iniciación ao Descenso de Canóns e saiba nadar con soltura. Tamén terán ao dia as manobras básicas do curso de Iniciación ao descenso de Canóns : Colocación de Epi ou Equipo, técnicas de descenso, manobras de bloqueo etc.

*Este curso de Perfeccionamento e para ampliar as técnicas de Canóns técnicas de base.

Prazas ofertadas

15 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición
Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 8 prazas.

Prezo

100 Euros.
A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado.

Horario

Sábados, de 09:00a 14:00horas e de 15:00a 20.30horas. Domingos, de 09:00a 14:00horas e de 15:00a 20:.30horas.

Data de realización

14 e 15 de maio de 2016.
28 e 29 de maio de 2016.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, DE SER NECESARIAS.

Modalidade de curso

Semepresencial, 39 horas presenciais, 1 hora na web.

Profesorado

Ramón Vila /Director do curso.
Profesores titulados da Escola Galega de Espeleoloxía.

Inscrición

Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do/da titor/a no caso

dos menores de idade, xustificante do ingreso bancario, fotocopia da licenza ou
da solicitude, axuntalos vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso.
No caso de non asistir ao curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso, naqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización

Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía: Argomoso, Mondoñedo/Lugo (43.405523 – 7.353381) http://www.espeleoloxia.org/web/gl/refugios/normas-de-uso/
A parte práctica do do curso pode realizarse no rocodromo do Refuxio de Argomoso e na zona Escola de “O Pozo” na Area recreativa de Viloalle /Mondoñedo, así como nos diversos canóns da zona.

A dirección poderá modificar o lugar de realización do curso, dependendo da climatoloxía, o u outros factoresaterenconta.

Material persoal

Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a durmida(esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc.

Para o curso:

Neopreno completo, escarpíns, calzado especifico para o descenso de canóns ou no seu defecto calzado de montaña. Casco, arnés de canóns ou de espeleoloxía con maillón, bloqueador de mán(puño ou shunt), pedal, dous cabos de ancoraxe con mosquetóns, descendedor Oito ou Piraña, 4 mosquetóns HMS, luvas, navalla e asubío.

A Federación dispón de material básico individual, para solicitalo contactar coa EGE con 15 días de antelación á realización do curso.

Diplompa outorgado

Será necesario asistir ao 90% do total do curso para obter o diploma.

2016 Diptico Perfeccionamento Técnico I Canóns Captura de pantalla 2016-04-05 a las 16.29.16