Reserva a mañá do próximo 6 de abril, sábado, para acudir a senllas conferencias gratuítas sobre Arqueoloxía e Bioespeleología, que impartirán o arqueólogo Arturo de Lombera e o entomólogo José Mª Salgado, respectivamente, na Casa do Deporte de Vigo.

A intervención de Arturo de Lombera – a partir das 10:00 h.- versará sobre dous aspectos: o ‘Patrimonio arqueolóxico das covas: descuberta, notificacións, documentación’; e ‘A Cova de Eirós: modos de vida dos Neandertales e dos Sapiens, e a arte paleolítico do seu interior’.

Un interesantísimo viaxe ao pasado, grazas aos restos que quedaron protexidos nas covas.

Pola súa banda, José Mª Salgado estenderase -desde as 12:00 h.- sobre ‘A fauna troglobia: un tesouro de biodiversidade. Colonización, especiación, relacións filogenéticas e biogeográficas’.

Uns coñecementos adquiridos en toda unha vida de investigación bioespeleolóxica, que lle levou a explorar máis de 3.000 cavidades e a catalogar 110 especies e 16 xéneros-subxéneros de insectos.

Esta actividade, organizada pola EGE, inaugura un ciclo de conferencias gratuítas cuxa finalidade é achegar a Espeleología, ao público en xeral e ao colectivo espeleológico en particular, desde o punto de vista interdisciplinar das ciencias: Arqueoloxía, Paleontoloxía, Bioespeleología e Topografía, entre outras, dando a coñecer o noso patrimonio espeleológico e poñendo de manifesto que non só somos deporte, tamén somos ciencia.

         CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez  Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo 
Correo: escuela@espeleoloxia.org  IBAN: ES51 3070 0045 1262 2747 4324
Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía