O Clube de Espeleoloxía A Trapa ( Cetra) xa ten todo preparado para celebrar -en nome da FGE- o XIX Campamento Galego Extraterritorial de Espeleoloxía, que terá lugar do 11 ao 14 e outubro en Estremadura, concretamente na localidade cacereña de Montehermoso.

Inscrición: indicando nome, apelidos, DNI, tipo de licenza e club ao que pertences en  Clube de Espeleoloxía A Trapa ( CETRA).

Teléfono: 986 231 876 (entre 19:00 e 21:00 horas)

Correo electrónico: cetra@cetra.es

Web: www.cetra.es

Prazo de inscrición: Ata o 16 de setembro de 2018.

Datas da actividade: 11, 12, 13 e 14 de outubro de 2018.

Requisitos:

  • Para poder participar como espeleólogo é imprescindible estar en posesión de a licenza anual do ano en curso expedida pola FGE ou calquera outra licenza análoga de espeleología recoñecida por esta.
  • Non son válidas licenzas de 3 ou 30 días.
  • Os deportistas virán equipados co seu material espeleológico individual e neopreno. E, dependendo do tipo de aloxamento polo que opten, deberán traer o material de acampada necesario para a súa pernoita.
  • A organización non se responsabiliza de posibles accidentes e soamente tramitará os permisos Rede Natura de acceso ás covas e paraxe de As Poldras, para os inscritos dentro do prazo sinalados.
  • Calquera situación ou dúbida non prevista por este Regulamento será resolta pola organización.
  • O programa de actividades está condicionado pola climatoloxía podendo modificarse en función do risco de avenidas.

Cota participación: 25,00 € Inclúe almorzos xoves, venres, sábado e domingo. Inclúe comida de ataque xoves, venres e sábado. Ceas por libre. Cea de confraternización: 20,00 € (prezo orientativo).

Pernoita: Gratuíta nas instalacións municipais cedidas e habilitadas para este campamento.Indispensable:  esterilla e saco de durmir, cunca, cubertos e prato de campaña. Tamén se pode contratar aloxamento nos hostais da zona.

Programa:

Xoves 11.10.2018:

  • Recepción de participantes.
  • Visita do Canchal do Diaño.

Venres 12.10.2018:

  • Recepción dos participantes.
  • Topografía e visita do sistema das Poldras.
  • Visita interpretativa do parque arqueolóxico, natural e etnográfico de a Dehesa Boyal.

Sábado 13.10.2018:

  • Topografía e visita do sistema das Poldras.
  • Prospección e visita das Potruelas Mozas.
  • Visitas alternativas: Parakarst en cuarcitas, covas con pinturas en Santiago de Alcántara: A Grajera e O Buraco (150 km, 2 h 15 min).
  • Conferencia: “O Pseudokarst en Granitos das Poldras e outras covas de  Montehermoso. Valores naturais e patrimoniais” (18:30 h, Auditorio Municipal).
  • Cea de confraternidade e clausura.

Domingo 14.10.2018:

  • Regreso a Galicia.
  • Visitas opcionais: Os Barruecos de Malpartida (110 km, 1 h 17 min).

Nota: Está previsto desprazar un equipo de traballo a Montehermoso o luns 08.10.2018 para realizar varias actividades pre-campamento. Os interesados en participar nestas sesións deben indicalo ao inscribirse:

  • Comprobar os grandes depósitos de guano (colonias de quirópteros), avaliación de riscos e adopción de medidas preventivas para as visitas.
  • Avance na topografía do sistema das Poldras.
  • Visita coa Alcaldesa, técnicos municipais e autonómicos ás Poldras.

Tes máis información en:

Díptico XIX Campamento Galego Extraterritorial.

Cartel XIX Campamento Galego Extraterritorial.