Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Galego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Os días 29 e 30 de marzo, realizaronse unhas xornadas técnicas para os federados infantís e xuvenís, solicitadas polos clubes Cetra e Peña Trevinca Montañeiros de Galicia, organizada pola Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).

Nestas xornadas de técnificacción os deportistas acadaron a capacidade e autonomía para progresar de forma independente e segura, ademais de consolidar, reforzar e perfeccionalos novos coñecementos, e os xa adquiridos anteriormente.

A  xornada foi dividida por categorías e en grupos reducidos, buscando a mellora técnico-táctica nos diferentes aspectos da progresión vertical; nós, fraccionamentos, péndulos e desviadores. entre outros.

Tamén se traballaron as capacidades mentais e as aptitudes persoais como a memoria, a auto confianza, a independencia e outros valores sociais, como o compañeirismo, por exemplo, dándolles así máis ferramentas na súa formación a longo prazo.

Alumnos y profesores, posan en el rocódromo.
Alumnos e profesores, pousan no rocódromo ao finalizar a xornada.

Aproveitando estas xornadas, traballamos pequenas pautas para iniciar a estes deportistas no mundo do adestramento para a competición.

Esperamos que, moi pronto, participen nos circuítos de competición e acaden as súas primeiras medallas.

¡Parabéns a todos polo gran traballo!

María Luisa Barros Rodríguez. Directora da EGE.

 CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez  Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo 
Correo: escuela@espeleoloxia.org  IBAN: ES51 3070 0045 1262 2747 4324
Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía