2021 IYCK Actividades Destacados Noticias

ATLAS DE CAVIDADES E CANÓNS DE GALICIA

Como sabedes o pasado 11 de Xuño a Federación Galega de Espeleoloxía e Canóns, presentou o prototipo operativo do seu Atlas Galego de Covas e Canóns. Atlas que está sendo elaborado por Fases e nesta primeira contou coa axuda económica da SXD e co traballo de todos os espeleólogos galegos.

O Atlas consta de tres módulos:

  • Unha parte web pública, accesible a calquer interesado: http://www.espeleoloxia.org/atlas
  • Unha parte exclusiva para os nosos federados, que require identificación, e onde terás datos de xeolocalización, trackings, topos, fichas técnicas, etc … relativos as covas e canóns de Galicia. http://www.espeleoloxia.org/catalogo
  • Un xeoserver (Secure WMS) que polo de agora ten acceso limitado.

Podes contactar co proxecto a través do enderezo electrónico atlas.cavidades@espeleoloxia.org

Agardamos a vosa colaboración para:

  • Detectar e corrixir erros.
  • Aportar datos de novas covas e canóns.
  • Aportar ficheiros de covas e canóns listados no atlas.