Mariel: periodista de profesión y espeleóloga de corazón
Hoxe, con gran dor, tócanos despedir a Mariel, unha muller alegre, valente e boa como poucas.
Os que tivemos a fortuna de cruzarnos con ela levamos gravado o seu sorriso incansable, a súa vitalidade contaxiosa e un afecto tan auténtico como constante.
Mariel atopou na espeleología unha das súas grandes paixóns, e nela tamén nos atopou a moitos de nós. Practicou o noso deporte ao longo de máis de 25 anos e desempeño o cargo de Secretaría da nosa Federación durante máis dunha decada. A súa visión, constancia, compromiso, rigorosidade e xenerosidade marcou unha etapa na historia da nosa federación.
Ensinounos, ata o final, o que significa vivir con coraxe e esperanza. Loitando estes últimos anos cunha forza admirable, sen perder nunca a ilusión nin a alegría de vivir.
En cada cova, en cada risa compartida, en cada consello… Mariel, aí sempre estarás connosco.
Grazas por tanto.



