Foto de familia dos participantes no Campeonato de España

Os pasados días oito e nove de outubro celebrouse en Azuqueca de Henares (Guadalajara) o Campeonato de España de TPV no que a deportista do Espele Club Aradelas, María Luisa Barros Rodríguez (Maruxa), representou á Federación Galega de Espeleoloxía na categoría de Veteráns.

Das probas que se celebran: autosocorro, técnica vertical, sinfín, circuito técnico e, a máis divertida, circuito por relevos; a representante da FGE participou en sinfín, logrando a medalla de ouro, no circuito técnico alcanzou un meritorio cuarto posto. Tamén competiu no equipo formado por Rebeca Calabuig (Federación Riojana) e Ana Roig (Federación Valenciana).