A punto de cumprirse o 60 aniversario das primeiras exploracions espeleolóxicas (1964) na Serra Encina da Lastra (Ourense-León), este marco natural volve ser escenario escollido pola Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) para o desenrolo da nova edición do próximo XXII Campamento Galego Extraterritorial de Espeleoloxía 2021, nesta ocasión grazas a entre outras institucions o apoyo especial do Concello Berciano de SOBRADO
Desexamos dende a comisión organizadora GES Artabros/GES CAOU/FGE,que esta actividade científico-deportiva programada para o posicionamento GPS e topografía das Covas (Palas) e pozos, desta zona Leonesa, sexa o mais proveitos posible e nos permita recoller datos para o catálogo de cavidades da FGE da mencionada Serra.
Para poder participar no campamento é imprescindible estar en posesión da licenza do ano en curso expedida pola FGE ou calquera outra licenza análoga de espeleoloxía recoñecida por esta (ás das federacións integradas na CEC). Os menores de idade precisan de permiso paterno (que custodiará o clube) e acudir tutelados por un adulto.
Na inscrición o interesado facilitará os seus datos: nome, apelidos, NIF, clube, idade teléfono e correo electrónico, asi como indicar para á cea carne ou pescado.

Podes consultar toda a información descargando o díptico aquí.