Se queres facer o Curso para ser Guía Observer de Turismo Científico en Espeleoloxía.

DESTINATARIOS:

  • Espeleólogos e técnicos que pretendan exercer as súas competencias en covas galegas, e necesiten formarse e especializarse en Turismo Científico para iniciar, guiar axeitadamente, dar a coñecer os valores da zona, concienciar para a súa conservación e dinamizar un grupo nestes espazos protexidos.
  • Para participar será preciso estar en posesión da licenza federativa de espeleoloxía do ano en curso.
  • Curso especialmente indicado para guías de covas en Destinos Observer® .

INFORMACIÓN SOBRE O CURSO:

  • Directores do Curso: Marcos Vaqueiro / Maite Vence.
  • Teléfono de contacto: 616 357 171 (Escola Galega de Espeleoloxía).
  • E-mail: escuela@espeleoloxia.org
  • Duración: 15 horas.
  • Prezo: 100 €.
  • Datas: 15-16 de febreiro de 2020. Mondoñedo (Lugo).
  • Prazas limitadas. Máximo 25 alumnos.
  • Prazo de inscrición: Ata cubrir prazas.
  • Proba final con certificado e Diploma de Guía Observer® Especialidade: Espeleoloxía.
  • Será necesario asistir ao 90% do total do curso para obter o diploma.
  • Aloxamento no refuxio* da FGE-Argomoso e no Albergue do Concello durante o transcurso do curso. Manuetención por conta do cursillista.
  • Todos os deportistas con alomenos un ano de antigüidade de licenza da FGE, poderán acceder a unha subvención do 50%; consultar as condicións na EGE.

OBXECTIVOS:

  • O obxectivo principal deste curso é instalar capacidades nos participantes para poder exercer adecuadamente funcións de Guías de persoas e/ou grupos en Covas.
  • Os contidos do curso están deseñados para que os alumnos desenvolvan de maneira eficiente actividades de Turismo Científico nas covas, e poidan, asemade, contribuír eficientemente á creación dun modelo turístico vinculado á ciencia e a conservación destes singulares espazos.