O arqueólogo Arturo de Lombera, na conferencia.

Ao longo da Historia, os espeleólogos participamos, de unha ou outra forma, en moitos dos proxectos e estudos dos diferentes campos da ciencia. Con estas conferencias achegamos ao público en xeral e ao colectivo espeleolóxico a Espeleoloxía dende o punto de vista interdisciplinario das ciencias, dando a coñecer o noso patrimonio espeleolóxico e poñendo de manifesto que non só somos deporte, tamén somos ciencia.

Estas conferencias organizadas pola EGE (Escola Galega de Espeleoloxía), celebráronse no Auditorio da Casa do deporte de Vigo, en dúas xornadas:

O sábado 6 de abril, tratamos da man de Arturo de Lombera Hermida a Arqueoloxía e o Patrimonio arqueolóxico das covas: descuberta, notificacións, documentación, modos de actuación, recomendacións a seguir.., tamén coñecemos os modos de vida dos Neandertais e dos Sapiens, e a arte paleolítica no interior da Cova Eirós en Triacastela, Lugo.

José María Salgado Costas impartiu unha charla sobre bioespeleoloxía.

Por outra parte na conferencia de Bioespeleoloxía nos acompañou o prestixioso entomólogo  José Mª Salgado Costas, co cal descubrimos a diversidade na fauna troglobia, así como os aspectos máis importantes da colonización, especiación e as relacións filoxenéticas e bioxeográficas.

O sábado 27 de abril, Marcos Vaqueiro, Doutor en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental, nos amosou temas de Conservación, protección, prevención e restauración das covas, a través da difusión, promoción e a educación como base. Dende o coñecemento será moito máis fácil que podamos conservar as nosas cavidades e o seu entorno.

Elba, a pastora descuberta en Chan do Lindeiro.

Para os amantes da Xeoloxía, Juan Ramón Vidal Romaní falounos da formación, xeometría e os procesos de desenvolvemento das cavidades galegas, que poden levar varios milleiros de anos a constituírse.

A conferencia sobre Paleontoloxía  impartiuna a Dra. Aurora Grandal-d’Anglade, bióloga especializada en paleontoloxía, resaltando que as veces as covas ofrecen o único medio onde é posible encontrar vestixios e restos de animais ou humanos do pasado, que poden quedar preservados, como é o caso de Galicia. Tamén se presentou a replica de Elba, a pastora de 9.000 anos descuberta en Chan do Lindeiro.

Pouco queda por dicir despois das brillantes exposicións que se sucederon nestas xornadas e  das enriquecedoras colaboracións de cada un dos poñentes.

Agradecemos a todos e cada un de vós a participación nestas conferencias, e especialmente felicitamos aos conferenciantes polo seu excelente traballo. Esperamos, que estas conferencias vós servirán para comprender un pouco máis as nosas ciencias, e que entendades que a Espeleoloxía non é solo un deporte.

María Luisa Barros Rodríguez. Directora da EGE.

 CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez  Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo 
Correo: escuela@espeleoloxia.org  IBAN: ES51 3070 0045 1262 2747 4324
Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía
Información de interese: