A localidade oscense de Morillo de Tou acollerá, do 6 ao 9 de decembro, o Congreso Español de Espeleoloxía.

Sen dúbida, un dos mellores escenarios do país onde poder reunirse e gozar de ¡catro días apaixoantes de Pura Espeleo! Nunha contorna privilexiada da comarca do Sobrarbe e con todas as instalacións e comodidades necesarias para lograr unha estancia acorde con este evento.

O Congreso está deseñado para a participación do todo o colectivo espeleolóxico nacional.  Incluíndo relatorios, charlas, mesas redondas, exposicións varias, visitas guiadas para asistentes e acompañantes que o desexen e un longo etcétera de actividades propias dun congreso espeleolóxico.

¡Non o penses e anímate!

Xa está aberta a inscrición para o Congreso en https://espeleoaragon.com/xcongresoespanolespeleologia/

Prezos de inscrición:

  • Do 16/6/2019 ao 31/07/2019: 45€
  • Do 1/08/2019 ao 10/11/2019: 55€
  • Do 11/11/2019 ao 20/11/2019: 65€

O Congreso Español de Espeleología está organizado pola Federación Aragonesa de Espeleología (FEA) e a Confederación de Espeleología e Cañones (CEC).