Los participantes en este Campeonato.

Os días 22 e 23 de setembro de 2018 desenvolveuse o Campeonato Nacional de Técnicas de Progresión Vertical (TPV) en Espeleología, organizado pola Federación-Castellano Manchega de Espeleología y Cañones (FCME).

A celebración tivo lugar no antigo silo da localidade castelán-manchega de Berraron de Cuenca, que tras a súa reconversión pasará a ser o Centro de Tecnificación de Espeleología e Montaña desta comunidade autónoma.

Os mellores deportistas nacionais desta modalidade deportiva déronse cita neste evento, para competir nas diferentes categorías e probas que se celebraron: velocidade,  resistencia, circuíto técnico e  proba de autosocorro.

María Luisa (centro) coas súas medallas.

Como deportista do Espeleo Club Aradelas e representante da Federación Galega de Espeleoloxía, non quixen perderme este importante Campionato Nacional, participando – na categoría absoluta- nas probas de infinidade, resistencia e circuíto técnico.

As dúas medallas obtidas demostran que en Galicia* seguimos na elite do deporte nacional: ouro no circuíto técnico, prata no circuíto infinidade de velocidade de 30 metros e o quinto posto na proba de resistencia.

O antigo silo resultou ser un lugar espectacular para a celebración deste Campeonato Nacional de TPV, dándonos a oportunidade de gozar desta experiencia no exterior do mesmo.

No rápel guiado.
A directora da EGE, na competición.

Cabe destacar de maneira especial, tanto o bo ambiente existente  entre os espeleólogos, como a asistencia de novos deportistas que se iniciaron neste tipo de competición, que abarcou as categorías infantil, alevín, xuvenil, maior e veterano.

Dende a Federación Galega de Espeleoloxía desexamos felicitar á Federación Castellano-Manchega de Espeleología y Cañones pola excelente organización deste evento*, que contou coa participación de 40 deportistas de 10 federacións territoriais, pertencentes á Confederación de Espeleología y Cañones (CEC) e a colaboración de medio centenar de voluntarios.

Autora: María Luisa Barros Rodríguez, directora da Escola Galega de Espeleoloxía e socia do Espeleo Club Aradelas.

                 CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez          Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, Of. 15, 36209 Vigo 
Correo-e: escuela@espeleoloxia.org     IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264