Anótate ao Curso Monográfico Técnicas Básicas de Autosocorro en Canóns os días 1 e 2 de setembro na Fervenza do Tourón, en Melón (Ourense), que impartirá a Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).

Obxectivos

Os obxectivos deste monográfico son coñecer as normas básicas de seguridade deportiva, reaccionar ante un primeiro incidente ou accidente de canóns, proporcionar a axuda necesaria para descender ao compañeiro e empregar as técnicas básicas e precisas de autosocorro para cada caso.

Destinatarios

Tódalas persoas maiores de 14 anos federados en espeleoloxía no ano en curso.

Debido a que trata dun curso técnico será indispensable unha dilatada experiencia no descenso de canóns, sendo necesaria a súa acreditación.

Prazas ofertadas

  • 8 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición.
  • Para a realización do curso deberá cubrirse un mínimo de 4 prazas.

Prezo

50 euros. A manutención, desprazamentos e aloxamento serán por conta do alumnado.

Horario

  • Sábados: de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 21:00 horas.
  • Domingos: de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas.

Datas de realización

1 e 2 de setembro de 2018.

Modalidade de curso

  • Semi presencial -20 horas de formación teórico – práctica.
  • O exame farase a través da plataforma moodle.

Profesorado

  • Ramón Vila Garrido (Director do monográfico).
  • Profesores titulados da Escola Galega de Espeleoloxía.

Inscrición

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
  • Cubrir a  inscrición, declaración xurada de capacidade física,  autorización do titor no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.
  • Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
  • Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso.
  • No caso de non participar no curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80%  do custe do curso en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización

Fervenza do Tourón, en Melón (Ourense).

Material persoal

Cada participante virá provisto de todo o material necesario para a actividade.

Neopreno, escarpíns, luvas, botas de canóns (ou no seu defecto, botas de montaña), casco, arnés de canóns ou espeleoloxía, bagas de ancoraxe cos correspondentes mosquetóns asimétricos sen seguro e con peche keylock, descendedor Oito con mosquetón HMS ou piraña 2 mosquetóns HMS e 2 metros de cordino de 9mm, manta térmica e navalla con mosquetón.

A Federación dispón de material básico para emprestar a aqueles alumnos que o soliciten con 15 días de antelación á realización do curso.

Diploma outorgado

Diploma de asistencia con aproveitamento do Curso Monográfico. Será necesario asistir o 90% do total para obter o diploma.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIONS, RECTIFICACIONS OU CANCELACIONS, SE FOSEN NECESARIAS.

         CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez      Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, Of. 15, 36209 Vigo 
Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264