Sentímolo, esta entrada atópase dispoñible unicamente en Español.) For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Preparados para entrar na Cova de Arcoia.

Como complemento do estudo das ciencias da xeoloxía, xeomorfoloxía e a bioloxía, algúns dos *técnicos da Escola Galega de Espeleoloxía (EGE) achegáronse a finais do pasado mes de maio ao centro IES Ribeira do Louro -da localidade pontevedresa de O Porriño-, para impartir unha charla divulgativa sobre a Espeleoloxía e as súas ciencias.

A Espeleoloxía é un deporte que ten por obxecto a exploración e o estudo das cavidades subterráneas. Na charla, falamos da formación das covas en xeral, da súa exploración, das normas básicas de seguridade, así como do equipamento esencial do espeleólogo para realizar esta actividade con seguridade.

Mestura de ciencia, deporte e aventura

A saída espeleolóxica foi unha mestura entre ciencia,  deporte e aventura, co propósito de preparar ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato no seu descubrimento da Cova de Arcoia, situada na Serra do Courel, en Lugo.

Os alumnos iniciáronse na técnica dos trepes e destrepes, momento nos que os espeleólogos traballan en equipo axudándose entre sí.

Para achegarnos a cova foi necesario subir unha forte pendente que nos levou o cumio, onde se atopa o aceso a cavidade. Por motivos de conservación do medio ambiente soterrado -para non influir na climática da cova ca presenza humana-, organizamos dous grupos para realzar a exploración.

Unha vez dentro, os rapaces puideron verificar as súas características: que a formación da cavidade desenvólvese en rocha calcárea, que a escuridade é absoluta, que hai un alto grado de humidade e que a temperatura é constante.

Tamén se moveron pola cavidade empregando a parte máis técnica da progresión horizontal, iniciándose nos trepes e destrepes con corda máis ou menos fáciles, dependendo das calidades e habilidades  de cada un; momento no que os espeleólogos poñen de manifesto o traballo de equipo axudándose entre sí.

Unha experiencia divertida e enriquecedora

Gateando nun paso estreito.

Para os alumnos resultou unha experiencia moi divertida e enriquecedora, xa que puideron aprender descubrindo de maneira asociativa aspectos científicos ó tempo que fixeron e compartiron o deporte da espeleoloxía.

Dende a Escola Galega de Espeleoloxía valoramos especialmente a iniciativa do profesorado do IES Ribeira do Louro e, en especial, o de a profesora Marta Freijedo Pérez, por incluir este tipo de actividades no seu plan de aprendizaxe, o que supoñerá, nos vindeiros anos, unha actividade habitual neste centro educativo.

Destacou especialmente o bo ambiente que reinou durante toda a actividade e o entusiasmo na participación do alumnado, o cal formará parte dos novos e futuros espeleólogos.

Ademáis de Marta Freijedo Pérez, tamén acompañaron aos alumnos os profesores Mª Inmaculada López Prada, Marcos Lago Álvarez y Elías Luis Calvo.

Alumnado do IES Ribeira do Louro e técnicos da EGE ao finalizar a actividade.

Asinado: Mª Luísa Barros Rodríguez, directora do curso e da EGE.

*Docentes do curso técnicos deportivos da EGE: Mª Luísa Barros Rodríguez e Ramón Vila Garrido.

O xornal dixital local -sondolouro.com- fíxose eco desta actividade, baixo o titular ‘O IES Ribeira do Louro colabora coa Escola Galega de Espeleoloxía‘.

              CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez          Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, Of. 15, 36209 Vigo 
Correo-e: escuela@espeleoloxia.org     IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264