Obxectivos

Saber as normas básicas de Seguridade para unha correcta instalación
Coñecer a correcta utilización da Técnica de Instalación
Utilizar as diferentes técnicas e ferramentas manuais clásicas, para a instalación de ancoraxes Aprender as técnicas de utilización de ferramentas electroneumátricas, para a instalación de ancoraxes
Escoller e seleccionar o lugar óptimo para á instalación de ancoraxes
Aplicar os métodos de limpeza na instalación de ancoraxes
Aprender o correcto Mantemento e Conservación do material colectivo e individual

Destinatarios

Tódalas persoas maiores de 14 anos federados e federadas, en espeleoloxía no ano en curso Debérase ter experiencia previa na utilización do equipo de (TPV) Progresión Vertical en espeleoloxía

Prazas ofertadas

12 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición
Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 8 prazas

Prezo

120 Euros
A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado

Horario

Sábado, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas Domingo, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas

Data de realización

10 e 11 de Setembro de 2016

Modalidade do curso

Curso maiormente práctico
Semi- presencial, 18 horas presenciais, 2 horas semi- presenciais

Profesorado

Alberto Vila Garrido (Director do curso)
Profesorado titulado da Escola Galega de Espeleoloxía

Inscrición

Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do/da titor/a no caso dos menores de idade, xustificante do ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude
Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata cubrilas prazas
No caso de non participar no curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso, en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito

Lugar de realización

Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía Cobas (Ourense)

http://www.espeleoloxia.org/web/refugios/normasde-uso/

Material persoal

Cada participante virá provisto de todo o material necesario para a pernocta (esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc
Mono exterior ou funda de traballo, mono interior (mallas/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, lembrade levar PILAS (tamén de reposto), luvas , arnés de espeleoloxía con maillón, arnés de peito, dous cabos de ancoraxe, puño ou basic con pedal, croll, descendedor stop con mosquetón de freo, saca de instalación (burilador e maza así como tubo soprador e gafas de protección)

A Federación dispón de material básico individual, para solicitalo contactar coa EGE con 15 días de antelación á realización do curso

Diploma outorgado

Diploma de asistencia con aproveitamento ao Curso Monográfico de Instalación de Ancoraxes
Será necesario asistir ao 90% do total do curso e acadar a cualificación de apto ou apta para obter o diploma

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIONS, RECTIFICACIONS OU CANCELACIONS, SE FOSEN NECESARIAS

2016 Diptico Curso Monográfico de Instalación de ancoraxes