A Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) é o único organismo COMPETENTE para habilitar aos seus federados ante a Federación Española de Espeleología (FEE).

  • Para iso, a FGE expedirá un certificado que acredita que o federado cumpre cos requisitos que esixe a FEE: Se se solicita licenza directa e o solicitante está en posesión dun seguro de accidente deportivo que cumpre as prestacións mínimas establecidas no RD 849/1993 e o acredita xunto coa solicitude, só terá que aboar a cota correspondente á licenza da modalidade e categoría elixida e a expedición de tarxeta federativa (ver cadro “LICENZAS SEN SEGURO DA FEE”).
  • Os interesados en obter o devandito certificado poderán solicitalo en: espeleoloxia@gmail.com achegando os seus datos persoais: nome, apelidos e DNI.
  • Unha vez no seu poder, remitirano á FEE xunto coa solicitude que se pode descargar da súa web e o xustificante de ingreso bancario na conta da FEE da cantidade correspondente.

A solicitude directa de licenza ou habilitación ante a FEE sen realizar o trámite a través da FGE levará consigo sanción disciplinaria.