Cartel CampamentoO XII Campamento Galego Extraterritorial que organiza o Espeleo Club Aradelas será en Santelices (Burgos) os días 13 ao 15 de Agosto.

O aloxamento será por conta da organización no albergue que o club Merindades ten en Santelices e que está moi ben situado para visitar CovaNegra, Piscarciano-Vacas-Areas, Cova Comparada e outras cavidades do norte de Burgos e sur de Cantabria.

Os interesados en participar nesta actividade poden ir confirmando a súa asistencia no seguinte correo electrónico espeleoclubaradelas@yahoo.es