Espeleosocorro

O Grupo de Espeleosocorro Galego (GEG) é o órgano da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) encargado do socorro en cavidades dentro da demarcación da Comunidade Autónoma Galega, podendo colaborar na estrutura do Espeleosocorro Estatal.

O GEG a través da FGE poderá asinar convenios coa Administración, principalmente Xunta de Galicia (Protección Civil), prestar axuda en todos aqueles accidentes que poidan facer necesaria a intervención do GEG, o cal mobilizará ao persoal e medios dispoñibles para prestar servizo de socorro e establecerá as axudas humanitarias e colaboracións que estime oportunas.

Ao practicar a exploración subterránea vaiche ben equipado; usa a técnica adecuada e prevé sempre o accidente.

Non entanto.

RECORDA ESTE NÚMERO. ALARMA: 112 (Emerxencias).