Inicio da desescalada
Onte saiu publicado o BOE no que regula o inicio da desescalada na práctica deportiva. A modo de resume a cousa quedou da seguinte maneira:
- Estará permitida a práctica ao aire libre de deporte non profesional INDIVIUAL. Polo que entendemos que a Espeleoloxía de momento non estaría permitida, dado que sempre recomendamos que os grupos en cova sexan de como mínimo 3 persoas.
- Ollo porque establece unha diferencia entre paseo e deporte non profesional, os paseos poderán ser de MAXIMO 1KM DO DOMICILIO, o deporte non profesional DENTRO DO MUNICIPIO DE RESIDENCIA. Dentro desta diferenciación establece tamén que nos paseos poderase ir acompañado de UNHA PERSOA CONVIVINTE.
- Tede en conta que na redacción poñen unha limitación por abaixo de 14 anos pero esto debese a que os menores de 14 anos xa estaban podendo sair.
- Esta actividade deportiva poderase realizar nas seguintes franxas horarias:
- Pola mañá de 6:00h a 10:00h
- Pola tarde de 20:00h a 23:00h
- Establece a seguinte excepción: «Las franjas horarias previstas en este artículo no serán de aplicación a aquellos municipios y entes de ámbito territorial inferior al municipio que administren núcleos de población separados con una población igual o inferior a 5.000 habitantes, en los que la práctica de las actividades permitidas por esta orden se podrá llevar a cabo entre las 6:00 horas y las 23:00 horas.»
- Establece también que para la realización de esta actividad NO SE PODRÁ HACER USO DEL VEHÍCULO MOTORIZADO O TRANSPORTE PÚBLICO PARA DESPLAZARSE.
- Por suposto todos aqueles para os que se manteña a cuarentena por ser positivos no test do Coronavirus o sospeitosos de selo NON PODERÍAN SAIR DA CASA.
A F.G.E. en traballo conxunto coas demáis federacións de epeleoloxía do Estado presentou un proxecto ao C.S.D. de desescalada, dentro da espeleoloxía, para a Fase I, facendo fincapé na necesidade de regular dalgunha maneira os desplazamentos interprovinciais e en vehículos privados. Veremos para ese momento que nos dicen no B.O.E. e iremosvos informando.
En todo caso, lembrade que hai que ser responsable e manter a distancia social en todo o que fagamos para frear os contaxios.BOE-A-2020-4767