Cursos Noticias

(Galego) Remataron as xornadas de Divulgación e Promoción da Espeleoloxía no IES Ribeira do Louro

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Galego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Preparados para a primeira incursión nunha cova, cos técnicos da EGE

Xa remataron as xornadas de Divulgación e Promoción da Espeleoloxía realizadas no mes de maio, encadradas nas actividades do IES Ribeira do Louro, dentro do ámbito das ciencias da terra, facendo unha combinación perfecta entre os aspectos científicos, educativos e os deportivos.

Práctica vertical no pavillón de O Porriño

A primeira sesión, guiada por Ramón Vila, consistiu nunha charla didáctica de coñecementos básicos da Espeleoloxía, na que tamén se realizou unha parte práctica onde o alumnado puido coñecer e probar de primeira man o equipo de progresión vertical. Esta sesión realizouse no rocodromo do pavillón deportivo de O Porriño, que se adaptou perfectamente os requirimentos técnicos.

Dous dos rapaces, na Cova da Ceza

Tras a celebración inicial, pasamos a actividade sobre o terreo, que lle permitiu ao alumnado apreciar os valores naturais da contorna,   así como os propios da formación e xéneses da cavidade. A cova escollida foi a Ceza,  sita na Serra do Caurel, acompañados durante a visita polo técnico e presidente da Federación, Francisco Martinez, que fixo mais comprensible tódolos aspectos do noso mundo soterrado.

Os alumnos do IES non puideron ter millor adestrador co presidente da FGE

Agradecemos ao Concello de Porriño a cesión das súas instalacións deportivas, así como ao centro de ensino IES Ribeira do Louro e, en especial a Marta Freijedo que, un ano mais, contou ca EGE para a colaboración e fomento da actividade, dando a coñecer o noso patrimonio espeleolóxico.

Esperamos que desfrutarades desta experiencia.

¡Vémonos na vindeira!

María Luisa Barros Rodríguez. Directora da EGE.

          CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez      Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, Of.15, 36209 Vigo 
Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES51 3070 0045 1262 2747 4324
Facebook: Escola Galega de Espeleoloxía