(Galego) O Campamento Extraterritorial será en Asturias os días 17, 18 e 19 de maio, ¿quedarás sen ir?
O E.C. Aradelas organiza o XX Campamento Galego Extraterritorial -en nome da FGE- os días 17, 18 e 19 de maio na localidade asturiana de Avuín, ¿quedarás sen ir?
Prazo de inscrición: Ata o 12 de maio.
Inscrición en: espeleoclubaradelas@yahoo.es, indicando nome, apelidos, DNI, club, teléfono, correo electrónico e datas de chegada e saída.
Datas da actividade: 17, 18 e 19 de maio de 2019.
Cota participación: 20€. Inclúe as dúas noites de pernoita e a cea de confraternidade. O pago farase na recepción dos participantes.
Pernoita: no albergue Linde Bobia (Bobia), preto da localidade de Benia de Onís. Conta con cociña equipada e liteiras, sendo preciso levar saco de durmir.
- Para poder participar como espeleólogo é imprescindible estar en posesión da licenza anual de 2019 expedida pola FGE ou calquera outra licenza análoga de espeleoloxía recoñecida por esta (ás das federacións integradas na CEC).
- Terán preferencia de praza no albergue os federados en Galicia. Os federados na CEC non estarán subvencionados e o prezo da súa inscrición será de 30€.
- Os menores de idade precisan de permiso paterno (que custodiará o club) e acudir tutelados por un adulto.
- Non son válidas licenzas de 3 ou 30 días.
- Os deportistas virán equipados co seu material espeleolóxico vertical persoal e colectivo, así como de travesia con neopreno para os tramos acuáticos.
- A organización non se responsabiliza de posibles accidentes.
Tes máis información en:
Cartaz XX Campamento Galego Extraterritorial