Ata o 22 de novembro podes apuntarche nas nosas Xornadas sobre cartografía dixital e situación de cavidades con GPS
Ata o 22 de novembro podes apuntarche para participar nas Xornadas sobre de no cartografía dixital e situación de cavidades con GPS, os días 1 e 2 de decembro en Mondoñedo (Lugo). Trátase dun punto de encontro en prol do intercambio de experiencias entre os espeleo – topógrafos, organizado pola Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).
Obxectivos
Avaliar as novas tecnoloxías dispoñíbeis para o inventariado, xeolocalización e achegamento ás cavidades empregando GPS e introdución as ferramentas dispoñíbeis: Waypoint, Tracks e capas en SIG e fichas com, código QR.
Integración das topografías das covas nun SIG; dos datos topográficos ó modelo dixital, e do modelo dixital á capa KML; construción dos modelos dixitais; correlación da paisaxe exterior e a subterránea Estándares da UIS (UIS Informatics Commission – Survey and Mapping Working Group); e código ético do ECPC-FSE.
Destinatarios
Espeleólogos con licenza de Espeleoloxía. Os menores de 18 anos deberán vir acompañados dun titor, tamén federado.
Se precisan coñecementos básicos de informática, cartografía e práctica na topografía espeleolóxica.
Prazas ofertadas
- 20 prazas, por rigorosa orde de inscrición.
- Para a realización das Xornadas deberase cubrir un mínimo de 8 prazas.
Prezo
- Federados da FGE: 20 €. Subvencionado pola FGE ó 75%.
- Resto federados da CEC: 20 €.
- Membros da EGE: gratuíto.
- O abono farase en efectivo no momento de incorporación as Xornadas.
- A manutención e os desprazamentos serán por conta do participante.
- O alumnado poderá durmir no Refuxio de Mondoñedo (previo aviso a EGE).
Datas e horario de realización
- 1 de decembro, sábado, de 09:30 a 14:00 horas e de 16:15 a 21:00 horas.
- 2 de decembro, domingo, de 09:30 a 14:00 horas.
Modalidade das xornadas
- Presencial: 15 horas de formación teórico – práctica.
- A información técnica aloxarase na plataforma de formación Moodle, da EGE.
Profesorado
- Manuel Díaz Prieto: Director e membro da EGE.
- Marcos Vaqueiro Rodríguez: Coordinador técnico e colaborador da EGE.
Inscrición
- Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
- Cubrir: a inscrición, a declaración xurada de capacidade física, a autorización do titor no caso dos menores de idade e achegar a fotocopia da licenza ou o certificado da solicitude.
- Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
- Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes das Xornadas.
Lugar de realización
- Venres, dende as 20 h: Refuxio de Argomoso-Mondoñedo (Lugo).
- Sábado: Pazo de Santo Tomé (Rúa Xulia Pardo Montenegro nº 13, Mondoñedo).
- Domingo: Zona kárstica de Supena -Orxal (Argomoso -Mondoñedo).
Material persoal
- Cada participante virá provisto de todo o material necesario para a actividade.
- Equipo topográfico por club participante (brúxula, clinómetro e medidor distancias e libreta)
- Teléfono móbil 4G ou GPS, portátil ou tablet con sistema operativo actualizado e usb.
A Federación dispón de material básico de topografía, que poden solicitar aqueles clubs que non dispoñan del. As solicitudes faranse con 15 días de antelación á realización das Xornadas.
Diploma outorgado
Certificado de asistencia as Xornadas da EGE. Será necesario asistir ó 90% do total do programa para obter o certificado.
*No caso de non participar na actividade, a FGE resérvase o dereito de devolución do 80% do custe da mesma, en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.
*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESÉRVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.
CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA Directora: María Luisa Barros Rodríguez Teléfono: +34 616 357 171 Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, Of. 15, 36209 Vigo Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264
Cartel Xornadas sobre cartografía dixital e situación de cavidades con GPS
Díptico Xornadas sobre cartografía dixital e situación de cavidades con GPS