Se tes interese pola Espeleoloxía e o Descenso de Canóns non che podes perder o Curso Vivacs en Espeleoloxía -os días 5, 6, 26 e 27 de maio en Cobas (Ourense) e na Serra do Courel-, que impartirá a Escola Galega de Espeleoloxía (EGE).

Obxectivos

A finalidade deste monográfico e adquirir as técnicas para a montaxe dun vivac en calquera situación:

Coñecer os distintos tipos, escoller os lugares máis adecuados para a súa instalación, seleccionar e preparar o material necesario, durmir no seu interior, establecer as precaucións e medidas de seguridade máis habituais, desmontaxe e recollida do vivac.

Datas e horario de realización

  • 5 e 6 de maio: Sábado e domingo de 10:00h. a 21:00h.
  • 26  e 27 de maio: Sábado,de 09:00h. a *21:00h. e domingo de 09:00h. a 18:00h.

Prezo

80 €. Os desprazamentos e  a manutención serán por conta do alumnado.

Prazas ofertadas

  • 8 prazas por rigorosa orde de inscrición.
  • Para a realización do curso deben cubrirse un mínimo de 5.

Modalidade do curso

  • A distancia: 5 horas na web.
  • Presencial: 20 horas.
  • Duración do curso: 25 horas.

Destinatarios

Para maiores de 14 anos, federados en Espeleoloxía en 2018, que teñan un curso de Iniciación en Espeleoloxía ou experiencia previa (demostrable).

Inscrición

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
  • Cubrir a inscrición, a declaración xurada de capacidade física, a autorización do titor dos menores de idade, o xustificante de ingreso bancario do curso, a fotocopia da licenza ou o certificado da solicitude.
  • Remitir estes documentos vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org.
  • A inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata que se cubran as prazas.
  • De non asistir ao curso, a FGE resérvase o dereito de devolución do 80% do seu custo a quen acredite unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización

Profesorado

  • Alberto Vila Garrido (director do curso).
  • Técnicos de dilatada experiencia da Escola Galega de Espeleoloxía.

 Material persoal

Cada participante virá provisto de todo o material necesario para a durmida (esteira, saco de durmir) así como roupa cómoda (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc. Recoméndase roupa de abrigo tamén para estar no  refuxio.

Mono exterior ou funda de traballo, mono interior (malla/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, PILAS (tamén de reposto), arnés de espeleoloxía con maillón, arnés de peito, dous cabos de ancoraxe con mosquetóns, puño ou basic con pedal, croll, descendedor stop con mosquetón de freo, luvas, manta térmica e navalla.

A Federación dispón de material básico individual para alugar aos deportistas que o soliciten con 15 días de antelación á realización do curso.

 Diploma outorgado

Diploma de asistencia con aproveitamento ó Curso Monográfico de Vivacs. Para obter o diploma será necesario asistir o 90% do total do curso e superar o exame teórico e o práctico.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESÉRVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIONS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.

             CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez      Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, Of. 15, 36209 Vigo 
Correo-e: escuela@espeleoloxia.org IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264