Anótate ás Xornadas de Planificación e Adestramento na Natureza os días 7 e 8 de abril, na Casa do Deporte de Vigo e no Centro deportivo A Sport.

O prezo é de 50€ para federados na FGE e na CEC e de 70€ para outros deportistas.

As Xornadas están dirixidas a todo tipo de deportistas no ámbito da natureza: carreiras de montaña, espeleoloxía, canóns, btt, sendeirismo, escalada, treking, esquí de montaña…

Os temas a desenvolver polos expertos na xornada do día 7:

  • Necesidades motrices e fisiolóxicas en actividades na natureza.
  • Concepto de cadeas musculares. O adestramento funcional.
  • Adestramento de forza e resistencia aplicado as actividades no medio  natural.
  • Emerxencias na práctica deportiva.

E nas prácticas no centro deportivo o día 8:

  • Exercicios funcionais de forza aplicados as actividades no medio natural.
  • Práctica de alongamento en base a cadeas musculares.
  • Feedback e clausura.

Impartirán os coñecementos:

D. Santiago López Galán é licenciado en Educación Fisica, NSCA, CPT, Personal Trainer; director técnico e preparador físico do centro de alto rendimiento bádminton de Castilla e León e iniciador Deportivo na Espeleoloxía.

D. Ramón Vila Garrido é técnico Deportivo II en Espeleoloxía e Descenso de Canóns, formador de Primeiros Auxilios e Soporte Vital Básico, e sanitario do 112.

              CONTACTO ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA                   
Directora: María Luisa Barros Rodríguez          Teléfono: +34 616 357 171
Dirección: Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, Of. 15, 36209 Vigo 
Correo-e: escuela@espeleoloxia.org     IBAN: ES62-2080-0553-5730-4000-8264