Técnicas de Autosocorro en Espeleoloxía

Apúntante ao Monográfico Técnicas de Autosocorro en Espeleoloxía antes do 2 de febreiro ou de que se cubran as prazas. O imparte a Escola Galega de Espeleoloxía (E.G.E.) os días 17 e 18 de febreiro en Cobas (Ourense).

Obxectivos

-Saber reaccionar ante un primeiro incidente ou accidente de espeleoloxía.
-Empregar as técnicas básicas de autosocorro; croll conta croll, balanceo con pedal, cabo largo, etc.
-Utilización de outras técnicas como poleas, etc.
-Proporcionar axuda necesaria para baixar ao compañeiro.
-Aplicar as distintas normas de seguridade segundo o caso minimizando o esforzo.
-Coñecer tódolos procedementos secundarios ao accidente ou incidente.

Destinatarios

Tódalos  maiores de 14 anos federados en espeleoloxía no ano en curso que posúan un Curso de Iniciación en Espeleoloxía ou acrediten a experiencia necesaria no manexo dos aparatos de progresión vertical con soltura.

Prazas ofertadas

8 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición.
Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 4 prazas.

Prezo

50 euros.
A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado.

Horario

Sábado, de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 21:00 horas.
Domingo, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas.

Datas de realización

17 e 18 de febreiro de 2018.

Modalidade de curso

Semi presencial: 20 horas de formación teórica y práctica.
A documentación estará dispoñible ‘on line’ días previos ao inicio do curso.

Profesorado

Ramón Vila Garrido (Director do monográfico).
Profesores titulados e de dilatada experiencia da Escola Galega de Espeleoloxía.

Inscrición

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
  • Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do titor no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.
  • Os documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org. A inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso.
  • No caso de causar baixa no curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso, en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización

Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía/ Cobas – Biobra (Ourense).

Material persoal

  • Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a pernocta (esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc.
  • Mono exterior ou funda de traballo, mono interior (mallas/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, lembrade levar PILAS (tamén de reposto), luvas (opcional), arnés de espeleoloxía con maillón, arnés de peito, dous cabos de ancoraxe, puño ou basic con pedal, croll, descendedor stop con mosquetón de freo e 6 mosquetóns.

A Federación dispón de material básico para emprestar a aqueles alumnos que o soliciten con 15 días de antelación á realización do curso.

Diploma outorgado

Diploma de asistencia con aproveitamento do Monográfico.
Será necesario asistir o 90% do total para obter o diploma.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.

María Luísa Barros Rodríguez

Directora da Escola Galega de Espeleoloxía, Tf: 616 357 171 – escuela@espeleoloxia.org
Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, of.15, 36209 Vigo