Non deixes pasar a oportunidade de aprender Topografía Espeleolóxica os días 25 e 26 de novembro no Curso Monográfico que organiza a Escola Galega de Espeleoloxía. A inscrición pecharase o día 10 de novembro ou cando se cubran as 12 prazas.

Díptico Monográfico Topografía Espeleolóxica

Obxectivos:

Dotar ao alumnado de coñecementos  de orientación e cartografía coa fin de situar e localizar unha cavidade no mapa e sobre o terreo.

Desenvolver o traballo de campo e de gabinete para poder realizar o levantamento e representación topográfica dunha cavidade.

Destinatarios:

Público en xeral, deportistas maiores de 16 anos federados en espeleoloxía no ano en curso.

Prazas ofertadas:

12 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición. Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 8 prazas.

Prezo:

50 euros. A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado.

Horario:

  • Sábado, de 09:00 a 21:00 horas.
  • Domingo, de 09:00 a 21:00 horas.

Os horarios son orientativos.

Data de realización:

  • 25 denovembro de 2017.
  • 26 denovembro de 2017.

Modalidade de curso:

Semi presencial; 10 horas presenciais, 6 horas semi- presenciais.

 Profesorado:

Ignacio Hornes (Director do curso). Técnicos titulados da Escola Galega de Espeleoloxía.

Ratio: 1 técnico por 6 participantes.

Inscrición:

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
  • Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do/da titor/a no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude. Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
  • A  inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata cubrilas prazas.
  • No caso de non asistir ao curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80%  do custe do curso, naqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización:

Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía: Cobas/Rubiá de Valdeorras, Ourense.

Material persoal:

Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a durmida (esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc.

Para o curso: Material de progresión horizontal completo

Mono exterior ou funda de traballo, mono interior (mallas/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, (lembrade levar PILAS, 4 AA, tamén de reposto).

*A Federación dispón de material básico individual, para solicitalo contactar coa EGE con 15 días de antelación á realización do curso.

Diploma outorgado:

  • Diploma de asistencia con aproveitamento no curso Monográfico de Topografía  Espeleolóxica.
  • Para obter o diploma será necesario, asistir ao 90% do total do curso, aprobalos exames  teórico – prácticos e cubrila enquisa.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.

María Luísa Barros Rodríguez

Directora da Escola Galega de Espeleoloxía, Tf: 616 357 171 – escuela@espeleoloxia.org
Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, of.15, 36209 Vigo