Curso Técnicas Básicas de Espeleosocorro

Reserva os días 11, 12 e 18 de novembro para facer o Curso Técnicas Básicas de Espeleosocorro,  que imparte a Escola Galega de Espeleoloxía (EGE), en Cobas e Mondoñedo. Apúntache antes de que se cubran as prazas.

Obxectivos:

Este curso pretende alimentar a necesidade de formación ou reciclaxe nas técnicas básicas de espeleosocorro, dentro do propio G.E.G., como para os novos aspirantes.

Dentro dos obxectivos están mellorar a seguridade dos deportistas individuais, así como o seu correcto desenvolvemento e utilización de técnicas especiais como; contrapesos, poleados, tirolinas, balanceos, triangulacións, códigos de cordas, etc., dende un punto de vista eminentemente práctico.

Destinatarios:

Deportistas maiores de idade en posesión da licencia federativa en espeleoloxía, que queiran aprender ou mellorar as súas técnicas e procedementos nas técnicas básicas de espeleosocorro.

Requisitos  de aceso:

  • Ter o Curso de Perfeccionamento I  de Espeleoloxía.
  • De non ter o título anterior, ter o Curso de Iniciación á Espeleoloxía, xunto co Monográfico de Instalación ou o de Verificación de Ancoraxes.
  • Ter autonomía na progresión (combos ascenso-descenso e viceversa, paso de nós, fraccionamentos en ascenso e descenso, péndulos e desviadores).
  • Ter autonomía  en instalación (tipos de ancoraxes usados na práctica deportiva, saber instalalos e onde, nós correctamente feitos,  instalación evitando roces).
  • Será imprescindible saber instalar correctamente spits, verificar a rocha e coñecer e valorar os riscos e a seguridade dunha posible instalación.

Prazas ofertadas:

15 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición. Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 6 prazas. O alumnado mínimo, pódese baixar a petición dos participantes, si están de acordo con subir en proporción o prezo do curso.

Prezo:

  • 135 € deportistas en xeral.
  • 65 € (prezo especial para integrantes do GEG).

Datas de realización / Horario:

  • Sábado 11 de novembro, de 09:00 a 21:00 horas.
  • Domingo 12 de novembro, de 9:00 a 17:00 horas.
  • Sábado 18 de novembro, de 09:00 a 18:00 horas.

Modalidade de curso:

Presencial, a documentación estará dispoñible “on line” días previos ao inicio do curso.

Profesorado / Ratio:

Miguel Caramés (Director do curso). Profesores titulados da Escola Galega de Espeleoloxía.

A ratio será de 2 Técnicos nivel II (como mínimo) no caso de ser 6 participantes, engadindo un Técnico de nivel II, por cada 8 participantes que se sumen.

Inscrición:

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
  • Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.
  • Os documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
  • Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata cubrir as prazas.

*No caso de non asistir ao curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso, naqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización:

  • Días  11 e 12 o curso realizarase nas inmediacións do refuxio de Cobas, en Rubiá, Ourense.
  • Día 18 práctica en cavidade, concello de Mondoñedo, podendo quen queira pasar a noite no refuxio da FGE en Argomoso, Mondoñedo.
  • A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado.

*A dirección poderá modificar o lugar de realización do curso, dependendo da climatoloxía ou outros factores que considere necesarios.

Material persoal:

Cada participante virá provisto de todo o material necesario para a durmida.

Mono exterior, mono interior (Mallas/Camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, lembrade levar PILAS (tamén de reposto), luvas, arnés de espeleoloxía con maillón, arnés de peito, dous cabos de ancoraxe, puño ou basic con pedal, croll, stop con mosquetón de freo, manta térmica, navalla, iluminación de reposto, ademais de equipo persoal de instalación (saca de instalación, buril, maza, soprador e chaves de instalación de 13 e 17).

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESÉRVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.

María Luísa Barros Rodríguez

Directora da Escola Galega de Espeleoloxía, Tf: 616 357 171 – escuela@espeleoloxia.org
Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, of.15, 36209 Vigo