Curso de Iniciación aos Canóns

Apúntante antes de que se cubran as prazas ao Curso de Iniciación aos Canóns que imparte a Escola Galega de Espeleoloxía (E.G.E.) os días 16, 17, 23 e 24 de setembro de 2017.

Obxetivos

  • Este curso pretende proporcionar un achegamento pleno aos canóns, ofrecendo unha   visión xeral dá estrutura organizativa da Federación, así como a importancia dunha actividade segura, cívica e de respecto co medio natural
  • No apartado técnico, coñecerán o material e as técnicas básicas utilizadas para a progresión horizontal e vertical; trepes, destrepes, descenso por corda, superación de dificultades  e realización de nós.

Destinatarios

Público en xeral, deportistas sen formación previa e maiores de 14 anos federados en espeleoloxía no ano en curso.

Prazas ofertadas

15 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición. Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 8 prazas.

Prezo

100 euros. A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado.

Horario

  • Sábados, de 09:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 20.00  horas.
  • Domingos, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18.00  horas.

Data de realización

  • 16 e 17 de setembro de 2017.
  • 23 e 24 de setembro de 2017.

Modalidade de curso

Seme presencial, 35 horas presenciais, 5 horas na web.

Profesorado

Mª Luisa Barros Rodríguez (Directora do curso).  Profesorado titulado da Escola Galega de Espeleoloxía.

Inscrición

  • Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
  • Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do/da titor/a no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude. Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
  • A  inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata cubrilas prazas.
  • No caso de non asistir ao curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80%  do custe do curso, naqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización

  • 16 e 17 de setembro de 2017 no Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía en Mondoñedo/Lugo.
  • 23 e 24 de setembro na zona de Ourense, a durmida deste fin de semana será por conta dos participantes.

Material persoal

  • Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a durmida (esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc.
  • Para o curso: Neopreno completo, escarpíns, calzado especifico para o descenso de canóns ou calzado de montaña. Casco, arnés de canóns ou de espeleoloxía con maillón,  dous cabos de ancoraxe con mosquetóns, descendedor Oito ou Piraña, 4 mosquetóns HMS, bloquedor de man, 3 mts cordino de 8 ou 9 mm, luvas (opcional).
  • A Federación dispón de material básico individual, para solicitalo contactar coa EGE con 15 días de antelación á realización do curso.

Diploma outorgado

  • Diploma de asistencia con aproveitamento no Curso de Iniciación aos Canóns.
  • Para obter o diploma será necesario, asistir ao 90% do total do curso, aprobalos exames teórico- prácticos e cubrila enquisa.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.

María Luísa Barros Rodríguez

Directora da Escola Galega de Espeleoloxía, Tf: 616 357 171 – escuela@espeleoloxia.org
Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, of.15, 36209 Vigo