Diptico Perfeccionamento I ao Descenso de Canóns

Obxectivos

O obxectivo deste curso ten como finalidade; a formación e especialización de deportistas  à hora de afrontar un descenso de canóns.

Así mesmo, aprenderán as técnicas básicas de autosocorro, as manobras elementais empregadas no socorrismo acuático, así como a progresar de forma independente e segura.

Destinatarios

Tódalas persoas maiores de 14 anos federados en espeleoloxía no ano en curso e que posúan o Curso de Iniciación aos Canóns con, aló menos, un ano dende a realización do mesmo.

Prazas ofertadas
15 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición.
Para a realización do curso deberán cubrirse un mínimo de 8 prazas.

Prezos
100 Euros
A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado.

Horario
Sábados, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:30 horas.
Domingos, de 09:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:30 horas.

Datas de realización
08 e 09 de abril de 2017
29 e 30 de abril de 2017

Modalidade do curso
Semipresencial, 1 hora na web

Profesorado

Ramón Vila Garrido, Director do curso. Profesorado cualificado e titulado da Escola Galega de Espeleoloxía

Inscrición
Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org

Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do/da titor/a no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org. Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata cubrir as prazas.

No caso de non asistir ao curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80%  do custe do curso, solo naqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior.

Lugar de realización

Mondoñedo/Lugo. Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía en Mondoñedo.

Material persoal

Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a pernocta (esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc.

Neopreno completo de mais de 3mm, escarpíns, calzado especifico para o descenso de canóns ou calzado de montaña, casco, frontal, arnés de canóns ou de espeleoloxía con maillón, bloqueador de man (puño ou shunt), pedal, dous cabos de ancoraxe con mosquetóns, descendedor Oito ou Piraña, 4 mosquetóns HMS, luvas, navalla e asubío, 2 metros de cordino de 7mm ou  1 cinta cosida de dinema de 1,5mts, manta térmica, saca de canóns e bote estanco.

Diploma outorgado

Diploma de asistencia con aproveitamento no Curso de Perfeccionamento en Canóns.Para obter o diploma será necesario; asistir ao 90% do total do curso, acadar a cualificación de apto/a dos exames teórico- prácticos e cubrila enquisa de satisfacción.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.

María Luísa Barros Rodríguez

Directora da Escola Galega de Espeleoloxía, Tf: 616 357 171 – escuela@espeleoloxia.org
Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, of.15, 36209 Vigo