Programación 2017 de cursos e actividades da EGE
Dende a Escola Galega de Espeleoloxía (EGE), queremos un ano máis informarvos da nosa oferta formativa.
Este ano, seguindo o modelo de formación que vimos desenvolvendo dende 2011, realizaranse ademais dos Cursos programados, algúns cursos e actividades fora do calendario.
A convocatoria estará aberta ata 15 días da realización do mesmo ou ata completar o número mínimo de 8 alumnos.
Se estás interesado en calquera das actividades ou accións formativas, e contas co número mínimo de 8 participantes esixido, só terás que poñerse en contacto connosco e propoñer o curso de interese. A data determinárase unha vez completado o cupo necesario para a realización do mesmo e da dispoñibilidade do cadro docente.
Ademais os clubs, entidades ou asociacións que estean interesadas na formación dos seus membros e teñan instalacións para a teoría e práctica, poden solicitar que os cursos ou actividades sexan na súa propia sede, desprazándose os técnicos da Federación ao lugar solicitado.
!Non esperedes as datas propostas! podedes propoñer as que máis vos conveñan.
Un saúdo,
María Luísa Barros Rodríguez
Directora da Escola Galega de Espeleoloxía, Tf: 616 357 171 – escuela@espeleoloxia.org
Casa do Deporte, Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17, of.15, 36209 Vigo