Curso de Perfeccionamiento I en Espeleoloxía
Obxectivos
O curso de perfeccionamento I pretende que o alumno amplíe os seus coñecementos , que acade a autonomía nas súas exploracións e coñeza en detalle o material de progresión e instalación utilizado en espeleoloxía.
Entre outras cousas aprenderá a equipar instalacións de cavidades prestando especial atención á seguridade e as diferentes técnicas de autosocorro.
Destinatarios
Tódalas persoas maiores de 14 anos federados en espeleoloxía no ano en curso que teñan superado o curso de iniciación en espeleoloxía con un mínimo de 1 ano de antelación.
Prazas ofertadas
15 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición.
Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 8 prazas.
Prezo
100 Euros. A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado.
Horario
Sábado 15, de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Domingo 16, de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Sábado 22, de 09:00 a 22.00 horas.
Domingo 23, de 9:00 a 18.00 horas.
Data de realización
15 e 16 de Outubro 22 e 23 de Outubro
Modalidade de curso
Semipresenciall, 40 h.
Será necesario asistir ao 90% do total do curso e acadar a cualificación de apto para obter o diploma.
Profesorado
Profesores titulados da Escola Galega de Espeleoloxía.
Inscrición
Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do/da titor/a no caso dos menores de idade, xustificante de ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.
Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso.
No caso de non participar no curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso, en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.
Lugar de realización
Os días 15 e 16 de Outubro Refuxio da FGE en Cobas (Ourense).
Os días 22 e 23 de Outubro Refuxio da FGE en Mondoñedo (Lugo).
Material persoal
Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a pernocta (esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc.
Mono exterior e interior, botas, casco con iluminación eléctrica, pilas ou baterías (tamén de reposto),luvas, equipo completo de progresión vertical para espeleoloxía, navalla, manta térmica, carrete de fío dental e iluminación de reposto.
Ademais o alumnado irá provisto de equipo persoal de instalación (saca con buril, maza e soprador), e equipo persoal de topografía (saca, libreta, brúxula, clinómetro, cinta métrica ou distanciómetro láser, lapis, goma e afialapis).
A Federación dispón de material básico para emprestar a aqueles alumnos que o soliciten con 15 días de antelación á realización do curso.
Diploma outorgado
Diploma acreditativo de asistencia con aproveitamento ó Curso de Perfeccionamento Técnico I en Espeleoloxía.
*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESÉRVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIÓNS, RECTIFICACIÓNS OU CANCELACIÓNS, SE FOSEN NECESARIAS.
2016 Diptico curso perfeccionamento I a espeleoloxia