Cursos

CURSO MONOGRÁFICO DE VERIFICACIÓN E INSTALACIÓN DE ANCLAJES

Descargar PDF. Monografico Verificación Instalacion Ancoraxes

Obxectivos

O obxectivo deste monográfico ten como finalidade; saber seleccionar os ancoraxes destinados a nosas actividades así como a súa correcta instalación, coñecer o comportamento mecánico dos ancoraxes e outros materiais de seguridade, aprender a calcular o factor de seguridade existente en cada caso, observar e valorar os esforzos máximos que se podan producir no caso de rotura dos ancoraxes dun fraccionamento.

Destinatarios

Tódalas persoas maiores de 14 anos federados en espeleoloxía no ano en curso, así como ter experiencia previa en instalación de ancoraxes con burillador e maza.

Prazas ofertadas

15 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición.
Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 8 prazas.

Prezo

50 Euros.
A manutención e desprazamentos serán por conta del alumnado.

Horario

Sábado, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas. Domingo, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas.

Data de realización

11e12dexuñode2016.

Modalidade de curso

Curso maiormente práctico.
Semi- presencial, 18 horas presenciais, 2 horas semi- presenciais.

Profesorado

Alberto Vila Garrido (director do monográfico). Profesores titulados da Escola Galega de Espeleoloxía.

Inscrición

Solicitar o formulario de inscrición a escuela@espeleoloxia.org
Cubrir a inscrición, declaración xurada de capacidade física, autorización do/da titor/a no caso dos menores de idade, xustificante do ingreso bancario do curso, fotocopia da licenza ou certificado da solicitude.
Estes documentos remitiranse vía e-mail a escuela@espeleoloxia.org
Esta inscrición formalizárase ata 15 días antes do curso ou ata cubrilas prazas.
No caso de non participar no curso, a FGE reservarase o dereito de devolución do 80% do custe do curso, en aqueles casos que acrediten unha xustificación de forza maior por escrito.

Lugar de realización

Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía Cobas (Ourense).

http://www.espeleoloxia.org/web/refugios/normasde-uso/

Material persoal

Cada participante verá provisto de todo o material necesario para a pernocta (esteira, saco de durmir) así como roupa (tamén de recambio), toalla, chinelas, neceser, etc.
Mono exterior ou funda de traballo, mono interior (mallas/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), casco con iluminación eléctrica, lembrade levar PILAS (tamén de reposto), luvas , arnés de espeleoloxía con maillón, arnés de peito, dous cabos de ancoraxe, puño ou basic con pedal, croll, descendedor stop con mosquetón de freo, e saca de instalación (burillador e maza, tubo soprador e gafas de protección).

A Federación dispón de material básico individual de progresión para emprestar a aqueles alumnos e alumnas que o soliciten con 15 días de antelación á realización do curso.

Diploma outorgado

Diploma de asistencia con aproveitamento ao Monográfico de Verificación e Instalación de Ancoraxes.
Será necesario asistir ao 90% do total do curso e acadar a cualificación de apto para obter o diploma.

*A ESCOLA GALEGA DE ESPELEOLOXÍA RESERVASE O DEREITO DE REALIZAR MODIFICACIONS, RECTIFICACIONS OU CANCELACIONS, SE FOSEN NECESARIAS.