Captura de pantalla 2014-05-28 a la(s) 16.28.42

XLVII Campamento Galego de Espeleoloxía

A proposta que se fai este ano é a da re-equipación da Sima Aradelas, unha sima coñecida polos espeleologos galegos por ser a más profunda de Galicia.

Descarga PDF Campamento Galego de Espeleoloxía

Cada participante pagará a súa pernocta propia, así como buscar lugar para durmir. O refuxio da federación no Courel está a vosa disposición. Igualmente recordar que en Seoane do Courel existe Camping.

É imprescindible estar en posesión da Licenza Federativa de Espeleoloxia do ano en curso para poder participar no campamento. Os menores de idade precisan de permiso paterno (que custodiará o club) e acudir tutelados por un adulto.

Os participantes virán equipados co material espeleolóxico de progresión horizontal e vertical. Tanto individual como colectivo.

A organización non se responsabiliza de posibles accidentes. Manter as medidas de seguridade é responsabilidade de cada persoa.

Calquera outra situación ou dúbida non prevista por este Regulamento será resolta pola organización.

Non esquezas: Realizar un traballo en equipo, fundamento da exploración espeleolóxica.