Federación Galega de Espeleoloxía

APUNTATE AO CAMPAMENTO GALEGO DE ESPELEOLOXÍA

O Espeleo Club Aradelas organiza, por delegación da FGE, o Campamento Galego de Espeleoloxía a celebrar no concello de Rubiá. Máis concretamente no refuxo da Federación Galega de Espeleoloxía de Covas. Os participantes deberán ter a licencia federativa do ano en curso.

Cómo tódolos federados deberiades saber que as cavidades que están dentro do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra necesitan permiso de visita que hay que solicitar a Xunta de Galicia. Así o  que queira facer actividade dentro dos límites do Parque terá que pedir permiso pola súa conta (máis detalles aquí).

VISITA AS COVAS

Entre outras podemos destacar:

K1 – Cubelas
Pala da Zorra
Pumbeira
Sima del Penedo
Cornatel
Unciñera
Tocinos
Pala del Cabezo
Sima de Cornatel
Pala Bonita
Sima del Ángel

SORTEO DE MATERIAL

Haberá sorteo de material para tódolos participantes que fagan a inscripción dentro de plazo.

CHARLA DE TOPO: USO BÁSICO DISTO X

No transcurso do Campamento haberá unha pequena proxección en charla sobre o uso básico do Disto X e como pasar os datos ao Topodroid.

INSCRIPCIÓNS

A inscripción se realizará enviando un correo electrónico a seguinte dirección:

espeleoclubaradelas@yahoo.es

Indicando no asunto do mail: INSCRIPCIÓN CAMPAMENTO GALEGO 2023.

O prazo de inscripción finaliza o día 5 de marzo. Unha vez que as inscripcións superen as prazas do refuxo, a organización avisará aos inscritos da falta  de prazas, que deberán buscar outra alternativa para pernoctar.

CEA DE CAMPAMENTO

O sábado haberá cea de confraternidade para tódolos participantes que se apunten expresamente. A organización ten que reservar as plazas no restaurante así que é ¡¡IMPORTANTE!! saber quen asistirá á cea, e deberán engadir no asunto do mail: “CON CEA”

A cea correrá por conta de cada participante

REGULAMENTO

Tódolos participantes deberán estar en posesión da Licenza Federativa de Espeleoloxía do ano en curso.

  1. Os menores de idade que non vaian acompañados dalgún dos seus titores legais deberán presentar o correspondente impreso de autorización. En calquera caso, os menores de idade deberán acudir acompañados dun maior responsable.
  2. Os participantes virán equipados con material espeleolóxico, tanto persoal como colectivo en función das cavidades a visitar.
  3. A manutención vai por conta dos asistentes.
  4. Os participantes virán equipados con sacos de durmir e esterillas
  5. A Organización non se responsabilizará de posibles acidentes
  6. As situacións imprevistas será resoltas pola Organización
  7. As cavidades dentro do Parque Natural da Serra Enciña da Lastra necesitan permiso que solicitará cada espeleólogo pola súa conta
  8. A recepción de participantes será a partir do venres pola tarde

Related Posts

Competicións 2023

Competicións 2023

XXXII Campamento Galego de Descenso de Canóns

XXXII Campamento Galego de Descenso de Canóns

NOVO CONVENIO ENTRE A AXENCIA GALEGA DE SEGURIDADE E A FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA

NOVO CONVENIO ENTRE A AXENCIA GALEGA DE SEGURIDADE E A FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA

Sorry, comments are closed for this post

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies