O P.E.R. Atlas ten coma obxectivo a creación dun XeoServer coas covas e

cañóns de Galicia. En relación coas covas, o Atlas inclúe todo tipo de cavidades

cársticas (en calías e dolomías), paracársticas (en cuarcitas e algúns tipos de

areíscas), psuedocársticas (en esquistos, pizarras, granitos, conglomerados

non carbonatados, …) e cavidades artificiais (e de consecuencia). As covas

incluidas no Atlas deben ter máis de 5 m de desenvolvemento total ou ser

formas relevantes dende un ponto de vista xeolóxico, xeomorfolóxico ou

patrimonal.

A sesión 02/2022 (pulsa aquí para máis información) desenvolverase entre os afloramentos de cuarcitas de

Cualedro e Castrelo do Val, e os afloramentos de granitos de Monterrei. O

obxectivo e completar o xeoposicionamento e topografía de diversas cavidades

da zona.

As topografías desenvolveranse cos criterios marcados para o atlas, orientadas

á elaboración de modelos dixitais cos que producir capas SHP para o

XeoServer.