Este pasado fin de semana a FGE asistiu ao ESPELEOFORUM INTERNACIONAL que se celebrou en Burgos. A organización do evento quixo contar coa presencia da Federación Galega, xa que o proxecto que está levando a cabo de catalogación de cavidades e canóns, está xerando interese na comunidade espeleolóxica de España e de Europa.

 

Este proxecto, que xa leva catalogadas máis de seiscentas cavidades e 20 canóns, centrase no desenrrolo de aplicacións móviles que permitan contar coa información das covas e dos canóns en tempo real e de xeito portátil. Conta coa financiación e apoio da Secretaria Xeral para o Deporte que leva dous anos respaldando os traballos da Federación neste proxecto. A presentación do Atlas en Burgos correu a cargo do presidente da FGE, que valorou positivamente o interés mostrado polo resto das Federacións territoriais e da Federación Europea no Atlas Galego.  Indica que o proxecto “é o máis ambicioso nestes momentos da espeleoloxía galega e ainda queda moito camiño por percorrer”. Así mesmo apuntou tamén que “ao longo deste mes de setembro estará operativo o servidor e os federados poderán acceder á información do Atlas”.

 

No ESPELEOFORUM o Atlas Galego codeouse con proxectos tan interesantes como a posta en marcha da Biblioteca Cántabra de Espeleoloxía, as invetigacións de bio-espeleoloxía en Ojo Guareña ou estudo do CO2 e de contaminación en cavidades entre outros.