Atlas de Cavidades e Canóns de Galicia
Como sabedes o pasado 11 de Xuño a Federación Galega de Espeleoloxía e Canóns, presentou o prototipo operativo do seu Atlas Galego de Covas e Canóns. Atlas que está sendo elaborado por Fases e nesta primeira contou coa axuda económica da SXD e co traballo de todos os espeleólogos galegos.
O Atlas consta de tres módulos:
- Unha parte web pública, accesible a calquer interesado: http://www.
espeleoloxia.org/atlas - Unha parte exclusiva para os nosos federados, que require identificación, e onde terás datos de xeolocalización, trackings, topos, fichas técnicas, etc … relativos as covas e canóns de Galicia. http://www.
espeleoloxia.org/catalogo - Un xeoserver (Secure WMS) que polo de agora ten acceso limitado.
Podes contactar co proxecto a través do enderezo electrónico atlas.cavidades@
Agardamos a vosa colaboración para:
- Detectar e corrixir erros.
- Aportar datos de novas covas e canóns.
- Aportar ficheiros de covas e canóns listados no atlas.